RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Víctor Fernández: 'creo que fomos superiores ao Real Madrid'

Tras o partido do Bernabéou, Víctor Fernández, adestrador do Deportivo fixo o seu análisis do choque: 'somos un equipo humilde que viñemos a gañar o partido tratando de xogar e dominar. Creo que en canto a xogo fomos superi

Para Víctor, "esta non é a nosa guerra, pero somos un equipo que crecemos moitísimo. A nosa guerra é o sábado. O partido non nos magoou moito, creo que estivemos francamente ben. Temos que trasladar isto a noso campo fronte ao Celta, un partido que temos que gañar por necesidade, convicción e sentimento".

Segundo o adestrador branquiazul o Dépor "mellorou porque moitos dos xogadores chegaron a última hora polas nosas capacidades económicas, non tivemos unha pretemporada como nos correspondía, houbo moitos cambios e sufrímolo moito nas primeiras xornadas. Agora todo se está normalizando a todos os niveis e o mercado de inverno posibilitounos a chegada de futbolistas que nos enriquecen as zonas nas que estabamos máis débiles e facernos máis competitivos".

Sobre Manuel Pablo: "é un grande do fútbol español, un exemplo de honradez, honestidade e superación. Creo que actuou coa dignidade e profesionalidade que sempre lle caracterizou".