RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSAFORZA13 nov 2023

As entradas para o SD Tarazona-Dépor, á venda mañá martes ás 10:00 na OAD

O RC Deportivo porá á venda mañá martes 14 de novembro as entradas que o SD Tarazona puxo á súa disposición para o encontro da 13ª xornada do grupo 1 de Primera Federación que se disputará no campo Municipal de Tarazona o sábado 18 de novembro ás 16:00 horas.

As entradas terán un prezo de 20 euros e estarán a disposición do deportivismo na OAD mañá martes a partir da súa apertura, ás 10:00 horas, e até o xoves 16 ás 19:00 horas ou finalización de existencias.

O SD Tarazona puxo a disposición do RC Deportivo un total de 300 entradas para afección visitante. O Club porá á venda 180 billetes, mentres que os 120 restantes xestionaraos a Federación de Peñas en virtude do convenio entre ambas as entidades.

Será imprescindible que a persoa que adquira as entradas (até 2 por carné e un máximo de 4 por persoa física en despacho de billetes) mostre o DNI orixinal, copia ou imaxe de cada persoa que as vai a utilizar, e que unha delas pertenza á persoa titular do abono.

Ademais, existe a posibilidade de que os afeccionados de fóra da Coruña poidan comprar entradas directamente á SD Tarazona, a través dos números de teléfono 620247937 e 976640111.