Esta mañá realizouse na Oficina de Atención ao Deportivista do Estadio de Riazor o sorteo da viaxe ao Caribe para dúas persoas, xentileza de Viaxes Orzán, co que o Dépor quere premiar a fidelidade dos seus socios ao acudir cada fin de semana #ÁNosaCasa. Do mesmo xeito que se sortea a camiseta do mellor xogador tras cada partido en Riazor entre os socios asistentes a cada choque, entre todos os que acudiron ao 100% dos partidos desta primeira metade da temporada (total de socios asistentes a todos os partidos de Liga e Copa: 4.816) sorteouse unha viaxe ao Caribe que leva o socio de Pavillón Superior Juan Diego Cancela Rivas.
A mecánica do concurso, que se repite tras cada partido do Dépor en Riazor, e aplicouse para este sorteo é a seguinte:
A cada abonado asígnaselle un número correlativo pola orde que determina a listaxe de accesos que xera automaticamente a aplicación de control de accesos do Estadio de Riazor. A través dunha plataforma de xeración aleatoria de números obtense unha cifra, que neste caso corresponde a Juan Diego Cancela Rivas. Ademais sorteáronse as camisetas do mellor xogador dos dous últimos partidos de LaLiga (segundo os votos dos afeccionados nas enquisas de rcdeportivo.es) que recaeron en David López (Andone) e Iván Moure (Andone).
O acto de entrega destes premios terá lugar nun dos próximos partidos do Dépor en Riazor, ao que seguro acudirá Juan Diego e os outros 4.815 socios que seguen optando a grandes premios ao final da temporada.
4.815 socios optan a un Mercedes Clase A e unha Yamaha de Manell Motor
Ademais das camisetas, os socios que xa acudiron a todos os partidos en casa e non se perdan ningún choque en Riazor, optan tamén a gañar un Mercedes Clase A de Louzao e unha moto Yamaha NMax de Manell Motor.
Para optar aos premios o único que hai que facer é acudir co abono a todos os partidos que o Dépor xogue esta temporada en Riazor. Entre todos os socios cuxo carné sexa rexistrado no torno de acceso de Riazor en todos os partidos sortearanse automaticamente eses premios, ademais de abonos da próxima temporada 2017-2018 (estes últimos entre todos os socios que acudan aos partidos da segunda volta de LaLiga, independentemente de se acudiron ou non a todos os da primeira).
Gañadores premios asistencia 2016-2017:
PARTIDO |
BANCADA |
Nº SOCIO |
NOME E APELIDOS |
XOGADOR |
DÉPOR - EIBAR |
PAVILLÓN SUPERIOR IMPAR |
12.526 |
CRISTINA ORJALES RODRÍGUEZ |
PEDRO MOSQUERA |
DÉPOR - ATHLETIC |
MARATHÓN SUPERIOR IMPAR |
24.838 |
LAURA FRAGA GARCÍA |
JUANFRAN |
DÉPOR - LEGANES |
PAVILLÓN SUPERIOR IMPAR |
12.707 |
RAFAEL ALLEGUE VÁZQUEZ |
EMRE ÇOLAK |
DÉPOR - SPORTING |
PAVILLÓN SUPERIOR PAR |
6.286 |
DIEGO ÍNSUA CASANOVA |
RYAN BABEL |
DÉPOR - VALENCIA |
PAVILLÓN SUPERIOR IMPAR |
27.611 |
GABRIEL MIRAGAYA LÓPEZ |
EMRE ÇOLAK |
DÉPOR - SEVILLA |
MARATHÓN INFERIOR PAR |
14.174 |
HUGO SILVA MOLEZÚN |
ANDONE |
DÉPOR - REAL SOCIEDADE |
MARATHÓN SUPERIOR PAR |
18.774 |
LUÍS ANTONIO BAAMONDE SÁNCHEZ |
ANDONE |
DÉPOR - OSASUNA |
MARATHÓN SUPERIOR PAR |
22.069 |
DAVID LÓPEZ FERNÁNDEZ |
ANDONE |
DÉPOR - VILARREAL |
MARATHÓN INFERIOR IMPAR |
20.107 |
IVÁN MOURE GONZÁLEZ |
ANDONE |
PRIMEIRA VOLTA |
PAVILLÓN CURVA SUPERIOR PAR |
26.227 |
JUAN DIEGO CANCELA RIVAS |
|
DÉPOR - ARABÉS |
PAVILLÓN INFERIOR IMPAR |
20.725 |
RODRIGO RODRÍGUEZ POMAR |
EMRE ÇOLAK |
DÉPOR - ATLÉTICO |
MARATHÓN INFERIOR IMPAR |
12.514 |
MARÍA GUADALUPE CALVO FERREIRA |
EMRE ÇOLAK |
DÉPOR - BETIS |
MARATHÓN SUPERIOR IMPAR |
17.354 |
JAVI MARTINEZ SANTOS |
CELSO BORGES |
DÉPOR - BARÇA |
MARATHÓN SUPERIOR PAR |
29.607 |
JOSE ANTONIO MARTINEZ RUIZ |
ÁLEX BERGANTIÑOS |
DÉPOR - CELTA |
MARATHÓN SUPERIOR PAR |
23.170 |
ALEJANDRO D. ALONSO FERNANDEZ |
ÁLEX BERGANTIÑOS |
DÉPOR-GRANADA |
MARATHÓN SUPERIOR PAR |
29.970 |
TERESA VILLAMOR BUDIÑO |
MARLOS MORENO |
DÉPOR-MÁLAGA |
PAVILLÓN INFERIOR IMPAR |
09.460 |
JESÚS MARTÍNEZ ISASI |
LUISINHO |
DÉPOR- REAL MADRID | PREFERENCIA INFERIOR IMPAR | 29.219 | JOSÉ MANUEL GONZÁLEZ DURÁN | POROTO LUX |