RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
CADETE A

O Cadete responde con 4 goles ao tanto inicial do Arosa SC ao minuto de xogo

O Cadete respondeu con 4 goles ao tanto inicial do Arosa SC ao minuto de xogo do partido disputado en Abegondo correspondente á 17ª xornada na División de Honra.

Miguel de Labra, Mosquera e Lucas -2- foron os goleadores branquiazuis ante un rival da zona alta da clasificación.

Con este resultado, o conxunto de Daniel González suma 49 puntos na cabeza da clasificación por 43 do RC Celta, 2º clasificado.

Cadete: Gabri, Guille, Xabi Campos, Pablo Campo, Íker Fernández, Abel, Balbas, Mosquera, Miguel de Labra, Trillo e Lucas. Tamén xogaron: Carballeira, Leandro, Diego e Frank.

A próxima fin de semana arrinca a segunda volta coa visita do ED Val Miñor Nigrán a Abegondo; aínda que antes, Rodrigo, Íker Fernández, Nico Ruiz e Miguel de Labra están convocados coa selección galega sub-16 para un amigable o mércores 24 ás 18:00 no campo da Rapeira en Portas ante o Arosa SC da División de Honra xuvenil.

Os resultados até a data do Cadete son os seguintes:

ED Val Miñor Nigrán 1 - Cadete 3 (Trillo, Miguel de Labra e Diego)
Cadete 3 (Janusz, Yago e Trillo) - Coruxo FC 1
Ural Español CF 0 - Cadete 5 (Mosquera -2-, Miguel de Labra, Pablo Campo e Yago)
Cadete 8 (Miguel de Labra -3-, Mosquera, Leandro, Carballeira e Diego) - Salgueiriños FC 1
UD Ourense 3 - Cadete 5 (Miguel de Labra -2-, Trillo, Janusz e Leandro)
Cadete 2 (Miguel de Labra e Guille) - CD Conxo Santiago 1
CD Lugo 2 - Cadete 5 (Miguel de Labra -5-)
Cadete 5 (Leandro, Trillo -2-, Jorge e Miguel de Labra) - Atlético Coruña Montañeros CF 0
Cadete 6 (Yago -2-, Balbas, Miguel de Labra, Diego e Janusz) - Rápido de Bouzas 2
Racing de Ferrol 1 - Cadete 4 (Íker Fernández, Janusz, Trillo e Diego)
Cadete 6 (Janusz -3-, Miguel de Labra, Diego e Xabi Campos) - CD Areosa 0
Victoria CF 1 - Cadete 4 (Miguel de Labra -3- e Diego)
Cadete 5 (Miguel de Labra -2-, Balbas, Leandro e Yago) - ED Xuventude de Oroso 0
Pabellón Ourense CF 0 - Cadete 1 (Janusz)
Cadete 4 (Diego -2-, Trillo e Balbas) - San Tirso SD Cadete 2
RC Celta 3 - Cadete 3 (Xabi Campos, Miguel de Labra e Diego)
Cadete 4 (Miguel de Labra, Mosquera e Lucas -2-) - Arosa SC 1