RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRAMar 16, 2025

Resultados da fin de semana en ANOSACANTEIRA, con triunfos hoxe domingo do Fabril e do San Tirso SD Cadete

Hoxe domingo 16 de marzo destacou en #ANOSACANTEIRA o partido do Fabril en Guijuelo, o primeiro de tres nunha semana para os branquiazuis.

Os pupilos de Manuel Pablo trouxéronse os 3 puntos grazas a un gol de Alfaro no minuto 41, resultado que sitúa ao filial en 5ª posición da categoría con 40 puntos.

Este mércores 19 de marzo ás 20:30 toca visita á SD Compostela en partido aprazado o pasado mes de xaneiro polo temporal.

Ademais do Fabril, hoxe quedou o triunfo (2-3) do San Tirso SD Cadete ante o CD Lugo co que os 'verdes' ascenden á 4ª posición da División de Honra con 41 puntos.

Onte sábado 15 o único partido en casa foi o do San Tirso SD Infantil, no Monte ante o Victoria CF (1-2).

Competiu fóra o Cadete en Vigo ante o CD Areosa (0-4) e o Infantil en Ferrol ante o Racing (3-2). Ambos os equipos pelexan polo liderado da División de Honra.

O partido de Liga Nacional entre o Xuvenil B e o Ural Español CF, correspondente á 24ª xornada, o venres en Abegondo abriu o calendario de fin de semana en ANOSACANTEIRA.

Venceron os branquiazuis (3-2) grazas aos goles de Xian, Mauro e Miguel de Labra.

Ten descanso ligueiro esta semana o Xuvenil A; ademais dos dous equipos alevíns e os dous benxamíns, unha vez finalizada a liga no grupo 1º da Primera A Coruña de fútbol 8.

Neste caso, o Alevín A, o Benxamín A e o Fabril FC Benxamín clasificáronse para a Fase Intermedia.

O partido do Alevín A correspondente á 3ª xornada no grupo norte do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11 ante o Galicia Caranza xogarase o martes 18 debido á participación do cadro deportivista nun torneo amigable en Portugal.

Finalmente, esta semana os canteiráns Brais Araújo, Mateo Cortizas, Thiago López e Xiao Fontao; xunto a Nacho Villanueva do San Tirso SD Infantil participaron nun amigable coa selección galega sub-12 en Meis ante o EF Portero 2000.

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Segunda Federación
27ª xornada: CD GUIJUELO 0 - FABRIL 1 (Alfaro)

Categoría xuvenil
Liga Nacional, 24ª xornada: XUVENIL B 3 (Xian, Mauro e Miguel de Labra) - URAL ESPAÑOL CF 2

Categoría cadete
División de Honra, 23ª xornada: CD AREOSA 0 - CADETE 4 (Nico, Borja, Elías Trigo e un futbolista rival en propia meta)
División de Honra, 23ª xornada: CD LUGO 2 - SAN TIRSO SD CADETE 3 (Sergio Cortizo -2- e Nico Giovanni)

Categoría infantil
División de Honra, 21ª xornada: RACING DE FERROL 3 - INFANTIL 2 (Mateo Varela e Pablo Cillero)
División de Honra, 21ª xornada: SAN TIRSO SD INFANTIL 1 (Carlos Crespo) - VICTORIA CF 2

Categoría alevín
Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, grupo norte, 3ª xornada: GALICIA CARANZA - ALEVÍN, o martes 18 de marzo ás 17:15 no Municipal de Caranza