RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor regresou ao traballo esta mañá con só Derik á marxe do grupo

O Deportivo comezou esta mañá en Abegondo a preparar a visita á UP Langreo deste domingo 11 de abril ás 17:00 horas no campo Nuevo Ganzábal, en partido correspondente á 2ª xornada no grupo 1D de Segunda División B.

Rubén de la Barrera arrancou con todo o seu cadro, salvo a lóxica ausencia de Derik, á súa disposición. No grupo tamén está Borja Granero, que se viu obrigado a pedir o cambio o pasado domingo en ABANCA-RIAZOR fronte ao Marino de Luanco por unha contusión na cadeira.

Tamén cos fabrilistas Adri Castro e Pablo Brea, o técnico deportivista dispuxo unha mañá cun quecemento con rondos, unha tarefa de posesión, un exercicio táctico e fútbol en espazo reducido, de alta intensidade. Precisamente o meta do Fabril protagonizou o único contratempo da mañá. O canteirán tívose que retirar antes aos vestiarios a consecuencia dunhas molestias nun xeonllo. Os Servizos Médicos do Club realizarán probas médicas complementarias para coñecer o alcance exacto destas molestias.

Mañá xoves 8 de abril o Dépor adestrarase a porta pechada en ABANCA-RIAZOR a partir das 10:30 horas.