RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

O Dépor xa é de Lucas. Tamén pode ser teu. Participa na Ampliación de Capital!

  Lucas Pérez se convirtió esta mañana en dueñou do Deportivo, participando, como socio que é, na Ampliación de Capital. Deste xeito, o pichichi deportivista e un dos ídolos da afición, incrementa

Cre Lucas que agora no Deportivo "necesitamos a todo o mundo. Desde aquí anímoos a que veñan axudar", reitera este coruñés que está a facer historia nesta Liga, ao ser capaz de marcar en 9 xornadas das 14 disputadas ata a data. Só Bebeto foi capaz de igualar este rexistro na tempada 1992-93.

Do mesmo xeito que hoxe Lucas, Víctor Sánchez do Amo e o seu membro do corpo técnico Carlos Morais onte, ou o pasado venres os capitáns, outros futbolistas e membros do equipo participarán na Ampliación de Capital nos próximos días.
 
Nesa vontade de que todos os seus socios e accionistas participen na Ampliación de Capital o RC Deportivo quere facilitar todo o posible a subscrición de accións por todas as vías posibles para participar na Ampliación da forma máis cómoda para cada un:
 
Online: en calquera día da semana e momento do día os socios que desexen ser accionistas só teñen que entrar na web da Ampliación de Capital: http://www.odeporeteu.gal/, encher os seus datos e comprar co seu cartón de crédito entre 1 e 1.500 accións ao prezo de 60,10 € cada unha. 
 
Presencialmente: tamén se poden subscribir accións na Oficina de Atención ao Deportivista en horario de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas de luns a venres.
 
Telefonicamente: no 981 22 94 10 en horario de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas de luns a venres.
 
Calquera consulta que se queira realizar sobre a Ampliación de Capital do Real Club Deportivo pode realizarse tanto na Oficina de Atención ao Deportivista como no 981 22 94 10 ou en accionistas@canaldeportivo.com
 
Os actuais accionistas tamén poden participar polo tres vías. Online dispoñen do seu PIN de acceso na carta enviada este verán á dirección postal que consta na base de datos do Club. En caso de non conservar o PIN, pode solicitarse en accionistas@canaldeportivo.com (achegando á petición fotocopia do DNI) ou na Oficina de Atención ao Deportivista. 
 
Participa na Ampliación de Capital porque o teu compromiso é vital e sobre todo porque: Ou DÉPOR É TEU!
 
"Imos con toda a ilusión do mundo ao Camp Nou"
 
Sobre o partido deste sábado 12 de decembro no Camp Nou (16.00 horas, Canle + Liga / Abono Fútbol), asegura Lucas que "imos con toda a ilusión do mundo. Gardo un gran recordo daquel día que nos salvamos. E nada, a gozar. Enfrontámonos ao mellor equipo do mundo, creo que coa baixa de Neymar. Tamén se Messi, Luís Suárez e Neymar quérense quedar en casa aceptámolo, para que se reserven para o Mundialito", chancea.
 
Asegura Lucas que o Dépor saltará ao coliseo azulgrana "a competir. Eles veñen dun empate. Están a facer un gran fútbol, están nun bo momento coa recuperación de Messi. Nós estamos necesitados de puntos, no sentido que non estamos matematicamente salvados. A prioridade é a salvación".
 
Lembra o futbolista coruñés que "pelexamos de ti a ti ante todos os equipos e a un partido pode pasar calquera cousa".