RCD / NOVAS

O Orzán SD Cadete B Feminino impón a súa solidez en Caranza

13/11/2022 14:30

O Orzán SD Cadete B Feminino impuxo a súa solidez en Caranza (0-2) e tróuxose os 3 puntos do seu partido ante o Galicia Caranza, correspondente á 6ª xornada no subgrupo 1º da Segunda Autonómica.

Irene Míguez e Noa Cardeñoso foron as goleadoras orzanistas ante un rival batallador durante todo o encontro.

Con este resultado, o Orzán SD Cadete B Feminino lidera a táboa con 18 puntos.

Orzán SD Cadete B Feminino: Sofía Carregal, Sila Santiso, Paula Martínez, Tania Taboada, Irene Míguez, Carmen Traba, Dunia Dahmouni, Triana Sánchez, Sofía Milhem, Yanis Citoula e Lucía González. Tamén xogaron: Valeria Montero, Noa Cardeñoso, Yasmin Dahmouni, Noela González e Paula Bermúdez.

A próxima fin de semana, o equipo que prepara Enrique M. Solla visita á Unión Campestre FC.

Os resultados do Orzán SD Cadete B Feminino en liga son os seguintes:

Orzán SD Cadete B Feminino 2 (Nerea Gamallo e Paula Martínez) - Eirís SD 0
Torre SD 0 - Orzán SD Cadete B Feminino 10 (Dunia Dahmouni -3-, Triana Sánchez -3-, Yanis Citoula -2- e Sofía Milhem -2-)
Orzán SD Cadete B Feminino 4 (Dunia Dahmouni -2-, Yanis Citoula e Alba Monteserín) - Atlético San Pedro 1
CCRD Perlío 0 - Orzán SD Cadete B Feminino 2 (Noa Cardeñoso e Alba Monteserín)
Orzán SD Cadete B Feminino 1 (Carmen Traba) - Discalzas SD 0
Galicia Caranza 0 - Orzán SD Cadete B Feminino 2 (Irene Míguez e Noa Cardeñoso)