RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Saúl: Estamos moi motivados e con moitas ganas

Saúl, un dos novatos esta tempada no equipo, admitió na sala de prensa que o vivido onte no Mundo do Fútbol, coa presenza de más dun centenar de afeccionados apoiando ao equipo, "dános más que responsabilidade. Esta

Mostrou o seu desexo de que "entre todos podamos gañar e sentirnos nunha situación moito máis cómoda".

É consciente de que o próximo rival, o Osasuna, "en teoría vai estar loitando connosco. Estamos moi motivados e con moitas ganas. Temos ganas de esquecernos do anterior, do partido co Real Madrid, e ofrecer outra cara".

Cre Saúl, a pesar da situación na táboa, que o encontro do domingo "non é unha final, porque só van seis partidos. Pero é moi importante porque pode cambiar a cara do equipo".

Insiste en que o máis importante para o vestiario é "conseguir o triunfo e ter  para iso un chisco de sorte, porse por diante no marcador".

Para o centrocampista branquiazul, que coas lesións de Urreta, Míchel e agora Gardado, pode seguir contando con protagonismo, o tres puntos ante Osasuna permitiría "afrontar os partidos próximos non con esta tensión. É moi difícil estar abaixo e non podes deixar pasar os partidos porque cústache logo agarrarche".