RCD / NOVAS

Víctor: A Copa é un torneo aberto a calquera tipo de sorpresa

Cun forte arrefriado que lle impidió dirixir sobre o césped o adestramento do equipo, Víctor Fernández compareció na sala de prensa de Abegondo.  

17/12/2014 20:00

A piques de viaxar a Málaga, e co 1-1 da ida, o adestrador deportivista advirte que "a Copa é un torneo aberto a calquera tipo de sorpresa. Non ten que ver nada coa liga".

Confesa que "o noso obxectivo claro é conseguir un gol. Un gol cambia o escenario do partido e esa é a nosa intención de saída".

Iso si, recoñece que o resultado da ida en Riazor "non é o mellor para afrontar un partido de volta, e máis tendo en conta o potencial do Málaga, un aspirante a competición europea".


Pola súa banda, Juan Carlos, tamén en sala de prensa, lembrou que ante o Málaga, en Copa, "demos unha boa imaxe, a pesar de que a xente que xogaba tiña poucos minutos".

O centrocampista coruñés, que xogou uns minutos en liga ante o Elxe o pasado luns,  asegurou que os branquiazuis "somos conscientes que podemos pasar e que queremos pasar. Imos a por o partido", concluíu.

Sobre o seu futuro neste mercado de inverno, Juan Carlos déixao en mans do Club e o seu axente, coa premisa que "todos os xogadores queremos xogar e aquí teño poucos minutos". Iso si, a intención do '25' é seguir vinculado ao Deportivo.

Máis novas de: JUAN CARLOS, VICTOR FERNÁNDEZ

RCD / Noticias Relacionadas

08/04/2015 11:53 |

Víctor Fernández: O primeiro paso para gañar partidos é a unidade de todos

Víctor Fernández calificó onte en rolda de prensa o encontro de hoxe o meuércoles ante o Córdoba (20.00 horas) en Riazor como "o partido más importante da tempada, senón o que más. É un dos partidos más decisivos no noso obxectivo. Gañar supón que a chama da salvación esté moito más forte. As consecuencias también son importantes, porque o rival, se perde aquí, vai ser un equipo que vai ter moi poucas opcións para conseguir a salvación".

05/04/2015 22:40 |

Víctor: ''non tivemos actitude para competir nun partido de máxima esixencia''

Ao término do partido, na sala de prensa do Coliseum Alfonso Pérez, Víctor Fernández analizó un partido: "con dous partes moi diferenciadas, a primeira para o Xetafe, a segunda para o Dépor, con actitudes e comportamentos diferentes por parte dos equipos. Na primeira estivemos timoratos, sen intensidade, regalando o primeiros corenta e cinco minutos. Na segunda parte sí saímos a por o partido pero desaproveitamos as oportunidades. O empate fose xusto. Faltounos concentración, estivemos despistados e dado moitas vantaxes ao Xetafe, non tivemos actitude para competir nun partido de máxima esixencia", aseveró.

22/03/2015 14:38 |

Víctor: ''é evidente que a tensión ás veces che maniata e condiciónache''

  Ao término do partido, Víctor Fernández analizó o sucedido no terreo de xogo: "houbo unha lixeira inclinación ao noso favor en canto a dominio, pulo e chegadas ao área rival, cunha intención más definida de gañar, durante 80 minutos, aínda que nos faltó claridade. Fixéronsenos longos os últimos minutos. Fixemos méritos para gañar, puxemos toda a vontade e ao final te tes que conformar co empate".