RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Víctor espera un Dépor ''que saiba frear, controlar o pulo da Valencia como local''

Víctor Fernández aseguró esta tarde en rolda de prensa en Abegondo que mañana venres 13 de marzo espera en Mestalla (20.45, Gol T e Canle + Liga) "unha Valencia con presión moi alta, moi agresivo, moi dinámic

Pola súa banda, espera o técnico deportivista un Dépor "que saiba frear, controlar, conter ese pulo, esa avalancha da Valencia como local e que logo coa pelota teñamos a suficiente personalidade e capacidade para atacarlles".

Con máis de 500 partidos na máxima categoría ás súas costas, Víctor Fernández augura que "todos imos pasar momentos complicados, todos. Non sólamente o Dépor. Todos os que estamos abaixo van pasar por momentos complicados. Nós temos moi claro que os partidos que hai que gañar hai que gañalos si ou si. E que agora temos un tramo de partidos que si son decisivos e definitivos para saber onde imos estar".

leva o Dépor a 19 futbolistas a Valencia. Cre o adestrador branquiazul que a partir de agora "vai haber máis movemento na lista de convocados en función das características do rival, o tipo de partido que se pode xogar. Tamén haberá que ter éso en conta para a configuración da lista".