RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Adrián: Se somos capaces de chegar ao parón con esta vitoria, sería moi bo

Adrián vivirá o partido do sábado de maneira especial, tal e como él mesmo recoñece. Asturiano pero criado futbolísticamente no Oviedo, a visita do Sporting, o eterno rival, a Riazor é un alicente más para o diant

Cualifica o partido como "importantísimo. Se somos capaces de gañar e ir ao parón con eses puntos de vantaxe sobre eles sería moi bo". Confiesta ter amigos no Sporting e recoñece que "polo feito de que eu me criei no eterno rival pode ser especial, pero sen máis".

En canto ao seu futuro, Adrián indicou que non había ningún tipo de novidade.  É máis, o dianteiro branquiazul ten as ideas claras: "Esperarei ao Deportivo", contestou a unha pregunta dun xornalista, que lle lembraba que a partir do 1 de xaneiro xa é libre de asinar por outro equipo.