RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Alex cre que vai por bo camiño a adaptación á categoría

Alex compareció esta mañana na sala de prensa do Mundo do Futbol. Confesa que o vestiario fixo "autocrítica" do partido do pasado sábado en Alcorcón, aínda que asegura que vai por bo camiño a adaptación

Recoñece que quizais haxa precipitación nas transicións, así como algún que outro desaxuste defensivo.

O equipo comezou a preparar esta mañá o encontro ante o Guadalaxara, do próximo sábado en Riazor. Xisco adestrouse con normalidade e apunta a que poderá entrar na convocatoria.

Pola súa banda, Riki exercitouse no ximnasio, con Saul. O dianteiro madrileño pasou onte unha proba de control e os Servizos Médicos apuntan a que aínda debe alternar sesións de futbol, como a que realizou o venres ou o domingo pasados co grupo, con traballos de ximnasio.

Manuel Pablo, Borja e Bruno tiveron sesión de fisioterapia. O portugués fai ademais unha serie de tarefas co readaptador Pablo Lopez.

Mañá mércores haberá unha nova sesión de traballo, ás 10.30 no Mundo do Futbol.