RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Álex: ''Hai que manter a cabeza fría, saber o que somos e unirnos para o que queda''

Álex Bergantiñvos compareció esta mañana na sala de prensa de Abegondo. "O vestiario está triste porque se nos escapó un partido que teníamos moitas ilusións de poder gañar", confesa.

Cre que hai que "analizar o partido de onte. Pensar en Bilbao e non miramos máis aló. Está decepcionado o equipo porque non se puido gañar onte. Tristes por iso pero nada"máis .

En opinión do mediocentro coruñés, "os refachos, os números, as estatísticas pódense mirar de moitas maneiras. Tamén levabamos moito tempo sen perder. Agora chegou a mala serie de dous partidos seguidos perdidos e é o que nos doe".

Relevado onte no transcurso da segunda parte, Álex asume que "as decisións do míster sempre hai que entendelas. El é o encargado de modificar as cousas, de entender o xogo. Considerou que era o máis oportuno para o equipo. Nada que dicir. O Granada atopouse co partido que quería cando marcou o gol. Se marcásemos nós antes o escenario sería totalmente diferente. Déuselles o partido como eles querían, atoparse con ese gol nun erro noso e logo vivir diso. Estar moi xuntos atrás, había moi poucos espazos. Había que ser moi precisos para atopar espazos e facerlles dano e logo cando saían sabemos do potencial dos seus homes de arriba. Son xente moi potente, moi rápida e moi perigoso. É ao que se dedicaron todo o resto do partido".

Álex explica que "por querer atacar, a raiz de que vas perdendo, quizais te envorcas máis en atacar e en non ter esa precisión facíanos descolocarnos máis en ataque e propiciar iso. Se che descolocas para atacar e non estás preto na presión para recuperar rápido provócase iso, os espazos que eles tiñan para poder saír con xente, en igualdade numérica e con moito espazo. O partido fose totalmente diferente se nós puxésemonos/puxésemosnos por diante".

Razoa un dos capitáns branquiazuis que "sempre que non ganas tes máis dúbidas nas túas accións. Iso é normal. É a guerra que temos os futbolistas cada semana. Cando o partido vai 2-0 a favor sempre te atreves a cousas diferentes e o normal é que che saian porque tes máis confianza. É fútbol, é parte disto".

Por este motivo, pide Álex "ser listos, saber que isto son dinámicas durante as tempadas. Todos os equipos pasan por elas. Hai equipos que están moi mal que leva sete sen perder, o Xetafe leva seis derrotas seguidas cando fai nada gañara catro seguidos. Son dinámicas do ano. Temos que manter a cabeza fría. Saber o que somos, o obxectivo real que temos durante todo o ano e unirnos para o que queda".

Para este maratón de partidos que se lle aveciña ao Dépor, ve necesario "tentar estar frescos mentalmente, borrar todas as dúbidas que se poden dar durante os partidos pola dinámica que temos. O que non nos vai a axudar é o pasado, todo o que fixemos bo ou malo non nos vai a axudar en Bilbao cando esteamos no campo. Temos que apoiarnos, unirnos e saber que temos capacidade e equipo suficiente para conseguir o obxectivo e tentar facelo canto antes".