RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Álex: 'son cousas que ninguén quere que suceda na vida e moito menos vinculados ao deporte'

Álex Bergantiñvos, coruñés e deportivista, compareció en rolda de prensa nun día triste e difícil para o Club e para o deportivismo. O centrocampista branquiazul quixo "lamentar que hoxe por desgraza n

Asegura que o sucedido o domingo en Madrid "son cousas que ninguén queremos que suceda na vida e moito menos vinculados ao deporte".

Do partido, destacou Álex que "non foi moi vistoso para o afeccionado, con poucas ocasións. Pero un pouco o que é o Atlético, un equipo intenso, que che meten no teu campo, que provocan faltas e con dous balóns parados gañounos o partido. Estivemos ben, concentrados, intensos, pero ao final todos sabemos que a balón parado o Atlético é forte e acábanos facendo dano".

No dobre enfrontamento ante o Málaga en Riazor, de Copa este mércores 3 de decembro e de liga o sábado 6 de decembro ás 22.00 horas, Álex vaticina "seguramente partidos diferentes". "Tentaremos competir ben vos dous, sabendo que a liga é a nosa prioridade", engade.