ANOSACANTEIRA, protagonista do "Día Dé" o vindeiro sábado en ABANCA-RIAZOR
O RC Deportivo continuará o vindeiro sábado 11 de novembro, no sexto partido de Liga en ABANCA-RIAZOR, fronte ao SD Logroñés (19:00 horas), coa iniciativa "O Día Dé", coa que abre o Palco de Honra do Estadio á afección e á cidadanía. Este sexto encontro será "O Día Dé #ANOSACANTEIRA", nunha chiscadela ao futuro do Club, os xogadores e xogadoras que dentro duns anos vestirán a camiseta dos primeiros equipos.
Futbolistas, pais e nais e miembos do staff técnico do Fabril, Dépor ABANCA B, Xuvenil A e Xuvenil B ocuparán medio centenar de prazas do palco principal do recinto, a localidade máis exclusiva e con mellor visibilidade de ABANCA-RIAZOR.
En cada partido en ABANCA-RIAZOR esta temporada, máis da metade das localidades do Palco de Honra estarán dedicadas a un colectivo da cidadanía ou a un sector da afección, para facer a entidade máis próxima e dar protagonismo á masa social deportivista e agradecer o seu excepcional apoio unha temporada máis.