RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Aranzubía entra na historia da liga ao lograr o gol do empate en Almería

var ivPlayer807908 = new IVPlayer("350", "197",false, "http://www.canaldeportivo.tv/", "/i/player/1342b.gif",IVPlayer.TYPE_JWPLAYER4, "/i/player/skin-depor.swf"); ivPlayer807908.playVideo('player807908', 'LFP10-11_j24_almeria1-deportivo1_gol-ar

Este empate agónico e heroico deixa ao Deportivo con 26 puntos en décimo terceira posición da táboa, a 3 puntos dos postos de descenso. O vindeiro sábado 26 de febreiro ás 22.00 horas visita Riazor o Real Madrid.
 
O cuarto partido entre o Almería e o Deportivo esta tempada non foi bo. Ambos os conxuntos, sobre todo o Almería ao fío da navalla, coñécense bastante como para permitir a máis mínima concesión. O Dépor volveu mostrarse atascado en ataque, como os últimos partidos lonxe de Riazor, pero polo menos recuperou a súa solidez defensiva, coa mesma liña de catro atrás e co mesmo once que a xornada pasada tombou ao Vilarreal na Coruña.
 
A pesar de todo, o Almería parece dotado co don do acerto cada vez que se mide ao Deportivo. Desta forma, Piatti, ao arrincar a segunda metade, engancha un fenomenal disparo desde fóra da área que se coa por toda a escuadra dereita da meta de Aranzubía.
 
Cando todo parecía visto para sentenza, dada a escasa capacidade ofensiva do Dépor, chegou a xogada que pasa á historia da liga. Saque de esquina no desconto desde a banda esquerda. Aranzubía, non é a primeira vez desde que milita no Deportivo, sumar ao ataque. O centro é perfecto, Diego Alves falla na súa saída e o internacional deportivista empata un partido no último suspiro. Un punto importante que pode ser decisivo nesta Liga tan competitiva pola parte baixa da clasificación.

Almería:
Diego Alves, Marcelo Silva, Acasiete, Pellerano, Lúa; M''Bami, Bernardello; Feghouli (Juanito, m. 60), Piatti (Jakobsen, m. 76), Uche (Fabián Vargas, m. 84), e Ulloa.

Deportivo: Aranzubia, Manuel Pablo, Lopo, Colotto, Morel;Rubén Pérez (Pablo Álvarez, m. 76), Juan Rodríguez; Juan Domínguez (Lassad, m. 59), Antonio Tomás; Riki (Sand, m. 63) e Adrián.

Goles:
1-0, m. 47: Piatti;1-1, m. 94: Aranzubia.

Árbitro: González González (colexio castelán-leonés). Amoestou por parte do Deportivo a Lopo e Sand.