RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Aranzubía, prudente: O catro de arriba creo que están por encima de nós

Dani Aranzubía manifestó esta mañana en roda de presa que, unha vez alcanzados os 41 puntos que dan a permanencia, o obxectivo más lógico do Deportivo é a Europa League (antiga Copa da UEFA): "Véxoo moi complicado.

Por conseguinte, non ve ao Sevilla, rival do Deportivo este sábado ás 22.00 horas, como "un rival directo. Están por encima de nós. Son superiores. Ao final deberán estar moi arriba", conclúe. Iso si, admite que o Deportivo viaxará a Sevilla "con certo aire de desquite polo da Copa, aínda que é certo que esta tempada, de tres partidos que levamos ata agora, gañámoslles dous".
 
Aínda que cualificou, a priori, de moi "bo" un empate no Sánchez Pizjuán. "Daquela os partidos transcorren dunha maneira que poida ser bo ou malo porque pode haber expulsións...", aclara.
 
Lamentou que o Sevilla non disputase esta semana a liga de Campións (xogaraa o vindeiro martes) e recalcou que "non é unha esixencia gañarlles alí".
 
Aranzubía opina que este partido "nos vai a vir moi ben, porque o rival vainos a esixir moito. Como non saias metido, lévasche unha goleada".