RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Derrota xusta do Deportivo en Santander

var ivPlayer668122 = new IVPlayer("350", "197",false, "http://www.canaldeportivo.tv/", "/i/player/1342b.gif",IVPlayer.TYPE_JWPLAYER4, "/i/player/skin-depor.swf"); ivPlayer668122.playVideo('player668122', 'LFP10-11-J13-rancing1-0Deportivo_28-11-

O partido puido ser outro se ao dez minutos, Adrián non acerta ante Toño tras unha boa cabalgada en solitario aproveitando a súa rapidez. O dianteiro asturiano plántase só ante a meta cántabro, escorado á dereita, e o seu disparo cruzado estrélase no interior do poste dereito da meta cántabra e sae repelido cara a fóra. O Deportivo, tal e como recoñeceu Aranzubía o pasado sábado, é un equipo ao que é moi difícil dobregar cando se adianta no marcador. Se esa oportunidade entrase, quizais o resultado final fose outro.
 
Pero o balón non entrou e aos poucos o Racing foi achegándose perigosamente á meta de Aranzubía, quizais o mellor deportivista sobre os Campos de Sport. Iván Bolado e Kennedy tiveron boas oportunidades pero o acerto da meta vasco unhas veces e a falta de puntaría local noutras fixo que o marcador ao descanso chegase con 0-0.
 
Na segunda parte, o encontro rompeu co gol do dianteiro noruegués Rosenberg, que empaló á escuadra esquerda de Aranzubía un centro desde a banda dereita do Racing. O arieta racinguista estaba ao bordo do fose de xogo. Foi neses centímetros de diferenza onde quitou a vantaxe á defensa deportivista para lograr o 1-0, no minuto 61.
 
A partir de aquí, o Deportivo tentou ir a por o empate con Valerón, Lassad e Urreta, que volvía aos terreos de xogo desde a súa lesión de xeonllo alá polo mes de setembro. Pero a tarde non era coruñesa. De feito, a mellor oportunidade foi de novo para Rosenberg, que estrelou un penalti no traveseiro do Dépor, pena máxima que cometera Aythami sobre el mesmo nun forcejeo na área. De aquí ao final, un par de boas intervencións de Aranzubía e unha clara ocasión de Juan Rodríguez, que disparou alto unha boa combinación do ataque coruñés.
 
Ao final, primeira derrota do Deportivo en Santander nos últimos 14 anos.

Real Racing Club:
Toño; Francis, Torrexón, Henrique, Christian; Kennedy, Colsa, Lacen, Munitis; Rosenberg (Ariel, m. 88) e Bolado (Edu Bedia, m. 73).

Deportivo:
Aranzubía; Manuel Pablo, Colotto, Aythami, Lopo, Seoane; Pablo Álvarez (Lassad, m. 71), Rubén, Juan Rodríguez (Urreta, m. 81), Desmarets (Valerón, m. 58); e Adrián.

Goles:
1-0, min 61. Rosenberg.

Árbitro: Clos Gómez (comité aragonés). Amoestou no Deportivo a Rubén Pérez.

Incidencias: Os dous equipos apoiaron á candidatura ibérica España-Portugal para o Mundial de fútbol 2018-2022. Saúl e Juan Domínguez foron os descartados por Lotina e viron o encontro desde o palco dos Campos de Sport.