RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Derrota xusta do Deportivo no Vicente Calderón grazas a un mal primeiro tempo

var ivPlayer543689 = new IVPlayer("350", "197",false, "http://www.canaldeportivo.tv/", "/i/player/1342b.gif",IVPlayer.TYPE_JWPLAYER4, "/i/player/skin-depor.swf"); ivPlayer543689.playVideo('player543689', 'lfp10-11_j15_atmadrid2-0deportivo_11-12

Salio o Atlético, esporeado pola súa mala serie de últimos resultados, decididamente a dar unha alegría á súa afección. O partido estivo a piques de torcerse xa ao terceiro minuto. Aguero encara en solitario a Aranzubia, que lle derruba na área. A meta vasco rexeita o penalti sinalado por Estrada Fernandez e que lanzo Forlan. E torceuse definitivamente ao sete, cando de novo Aguero, que parte en posición clara de fóra de xogo, se interna na área e tras un bo recorte, bate a Aranzubia.

Os madrileños aproveitaban os erros no medio campo do Deportivo para lanzar rápidas contras con Aguero, Forlan e Reyes principalmente. Non se atopa cómodo o Depor no Vicente Calderón e sofre cada partido. Dá igual se o Atlético esta en serie positiva (como a tempada pasada) ou negativa (como nesta ocasión).

Aos 26 minutos, Forlan saco unha falta ao bordo da área que obriga a Aranzubia a facer unha espectacular parada. O balón, tras impactar no poste dereito, paséase pola raia e sae cara a fóra.

O Deportivo tentaba chegar como podía á meta de De Gea, sobre todo con Saul e Urreta por bandas; pero foi de novo Aguero, ao que se lle dá especialmente ben xogar ante o Depor, o que logro o segundo gol no minuto 34.

Ao descanso chegar con ese 2-0 xusto.

Co partido moi costa arriba, Lotina xógase unha ultima carta e comeza ao segundo tempo cun cambio de sistema. Aythami queda no vestiario e entra Juan Dominguez situándose por detrás de Lassad.

Este novo debuxo táctico desconcertou ao Atlético, que perdeu o control do balón durante boa parte da segunda metade. Iso se, ao Depor fáltolle 'punch' para crear perigo a De Gea.

Con algún que outro disparo de Aguero e unha ultima ocasión na que o arxentino, moi escorado tras regatear a Aranzubia, boto o balón fóra a porta baleira, acabo o partido.

Atletico de Madrid: De Gea; Tiago, Forlan (m. 78, Fran Merida), Raul Garcia (m. 83, Mario Suarez), Aguero, Filipe, Ujfalusi, Dominguez, Reyes (m. 85, Diego Costa), Simao e Perea.

Deportivo:
Aranzubia, Manuel Pablo, Lopo, Colotto, Aythami (m. 46, Juan Dominguez), Seoane, Juan Rodriguez (m. 81, Valeron), Antonio Tomas, Saul, Urreta (m. 65, Adrian) e Lassad.

Arbitro: Estrada Fernandez, do Colexio Catalán. Amoestou por parte do Depor a Aranzubia, Juan Rodriguez e Manuel Pablo.

Goles: 1-0, m. 7: Aguero, en xogada persoal partindo en claro fóra de xogo; 2-0, m. 34: Aguero de novo plántase só ante Aranzubia e define con calidade.

Incidencias: Laure foi o xogador descartado por Lotina dos 19 que viaxaron a Madrid. Juan Rodriguez cumpriu o seu partido 200. O Depor prosegue coa súa mala serie no Calderón.