RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA2 out 2023

Elena Vázquez e Lucía Rivas xa están concentradas coa selección española sub-17

Elena Vázquez Brandón (Carballo, A Coruña, 8 de outubro de 2007) e Lucia Rivas Moure (Caldas de Reis, Pontevedra, 23 de agosto de 2007), xogadoras do Deportivo ABANCA B, foron citadas por Kenio Gonzalo, seleccionador español sub-17 para unhas xornadas de adestramento en Las Rozas.

A selección española femenina sub-17 concentrouse hoxe luns 2 de outubro para realizar varias sesións de adestramento até o mércores 4 de outubro, despois da comida.

O Dépor ABANCA é o terceiro equipo con máis convocadas, só superado polas 6 do FC Barcelona e Real Madrid CF, e igualado co Real Sporting de Gijón. Outros 8 clubs están representados por unha soa futbolista.

Anteriormente, Elena Vázquez alcanzou o subcampeonato continental con este mesmo combinado o pasado mes de maio en Estonia e Lucía Rivas disputou o Torneo de Desenvolvemento UEFA coa selección sub-16, tamén en maio, en Finlandia.

Do mesmo xeito, as dúas futbolistas renovaron os seus respectivos compromisos co Deportivo ABANCA este mesmo verán.

Esta pasada fin de semana, Elena Vázquez, con 15 anos, debutou como titular en liga co primeiro equipo no seu partido de Primera Federación Iberdrola ante o DUX Logroño. Antes xa fora titular nun partido de Copa de la Reina.

Pola súa banda, Lucía Rivas tamén foi titular co Deportivo ABANCA B no seu encontro de Tercera Federación FutFem en Gondomar fronte ao Lóstrego CF.