O Dépor empatou (2-2) esta tarde ante o FC Cartagena en partido correspondente á 32ª xornada en LaLiga Hypermotion marcado pola expulsión de Ximo Navarro aos 5 minutos, que "o cambia todo", tal e como subliñou Óscar Gilsanz na sala de prensa.
Con este resultado, Os Nosos suman 42 puntos na 14ª posición da táboa.
Causaron baixa esta tarde o lesionados Obrador, Gauto, Escudero e Jaime; ademais de Dani Barcia, sancionado por acumulación de amoestacións.
O técnico deportivista optou de inicio por Pablo Martínez en substitución do central coruñés e de Petxarroman por Obrador. Ademais, Diego Gómez, que se estreou como titular en partido de liga co Dépor, substituíu a Mella e Villares a Genreau respecto ao partido do pasado luns en Castellón.
Aos 5 minutos de xogo, nun balón dividido, o colexiado do partido, o aragonés Muñiz Muñoz, expulsou a instancias do VAR con vermella directa a Ximo Navarro ao apreciar unha acción violenta do defensor deportivista sobre o atacante rival. "É certo que eleva a perna. É unha cuestión de mala sorte que impacte no xogador ou non. Pode ser que sexa expulsión pero no minuto 5 esa acción involuntaria condiciona o resto do partido", explica o adestrador deportivista.
Óscar Gilsanz situou a Villares no lateral dereito.
Loxicamente o FC Cartagena, a pesar de ser o pechacancelas da categoría, fíxose co dominio territorial ante un Dépor acazapado.
Desde a banda de Yeremay naceron os primeiros achegamentos á meta cartagenera aínda que sen pór a proba á meta Fuidias.
No outro área, no minuto 25, Andy estivo preto do gol visitante pero o seu disparo repeleuno Pablo Vázquez e foise lamiendo o pau esquerdo da meta de Helton Leite.
O saque de esquina consecuente rematouno Nacho desde fóra da área nun disparo que se foi lixeiramente desviado.
Custáballe ao Dépor trenzar xogadas de ataque ante unha defensa murciana de 5 futbolistas.
Pasada a media hora, Escriche xuta desde o frontal pero tapona ben a defensa deportivista.
Sen máis opcións claras chegouse ao descanso.
Os primeiros remates na segunda metade tamén foro do FC Cartagena, que deu un paso adiante en busca do primeiro gol.
Ndiye no minuto 51 xutou lixeiramente desviado aínda que o balón tocou nun defensor deportivista. Pouco despois Andy, desde fóra da área, dispara fóra por moi pouco.
Foi precisamente Andy o que adiantou ao FC Cartagena aos 58 minutos ao colocar un balón lonxe do alcance de Helton Leite desde a frontal da área.
Óscar Gilsanz dá entrada a Mella por Diego Gómez en busca dun revulsivo.
De Jose Ángel foi o primeiro disparo deportivista na segunda metade, de volea desde fóra da área. Demasiado alto.
Da nada fabricou o Dépor o empate. Mario Soriano mete un balón ás costas da defensa a Villares, que entrando agora desde o lateral zurdo bate a Fuidias sen deixar caer a pelota.
Respondeu o FC Cartagena cun remate de Escriche que se marcha fóra por pouco.
Os murcianos puxéronse de novo por diante no marcador grazas a un gol do Jebari ao aproveitar un mal despexe da defensa deportivista e bater a Helton Leite.
Este tanto foi un mazazo para o Dépor, que no entanto logrou empatar grazas a Barbero. O andaluz atopouse cun gran pase de Mella que o deixou só ante Fuidias e definiu con precisión.
O Dépor tivo a vitoria nun centro raso cruzado de Mella ao que non chega Cristian Herrera no segundo pau por pouco.
A partir de aí faltaron forzas para un triunfo que fose heroico aínda que o FC Cartagena pediu un penalti nunha xogada no desconto que para Óscar Gilsanz "veu precedida dunha falta clara a Villares".
Deportivo: Helton Leite, Ximo Navarro, Pablo Vázquez, Pablo Martínez, Petxarroman (Barbero, min. 78), Villares, Jose Ángel (Hugo Rama, min. 90), Mario Soriano, Yeremay, Diego Gómez (Mella, min. 58) e Eddahchouri (Cristian Herrera, min. 78)
FC Cartagena: Fuidias, Ndiaye, Ortuño (Millán, min. 74), Escriche, Andy (Óscar Clemente, min. 67), Musto, Aguirregabiria, Nacho, Olivas, Jesús e El Jebari (Daniel Luna, min. 82)
Árbitro: Muñiz Muñoz, do comité aragonés. Expulsou a Ximo Navarro con vermella directa (min. 5) e amoestou a Jesús (min. 40), Andy (min. 44), Aguirregabiria (min. 45) e Villares (min. 53)
Goles: 0-1 Andy (min. 58); 1-1 Villares (min. 68); 1-2 El Jebari (min. 75); 2-2 Barbero (min. 85)
Incidencias: partido da 32ª xornada en LaLiga Hypermotion disputado en ABANCA-RIAZOR ante 21.441 espectadores. Gardouse un minuto de silencio por José Pereira Revuelta, socio nº 2 e ex vicepresidente