RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Este fin de semana faleceu o ex deportivista 'Miche'

Este fin de semana falleció aos 78 añvolo ex deportivista Miguel García Martín, coñecido futbolísticamente como 'Miche'.

'Miche' xogou no Deportivo na tempada 62-63 e chegou procedente do Real Madrid (cos seus compañeiros Ruiz e Betancourt), na mesma operación na que Amancio fichou polo club merengue.
Para entón o defensa xa contaba no seu palmarés cunha liga (tempada 60-61), dúas copas de Europa (1958-59 e 59-60) e unha Copa Intercontinental (1960-61)

'Miche' foi titular no once inicial do Deportivo que se impuxo (4-2) ao Benfica no trofeo Teresa Herrera disputado en Riazor no verán de 1962. Formou entre outros nese partido con Padrón, Rifé, Domínguez, Antonio Ruiz, Aurre, Loureda, Jaime Branco, Veloso...

O Real Club Deportivo únese á dor da súa familia e amigos. D.E.P.