RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Fayçal entra na lista definitiva de Marrocos para un dobre duelo fronte a Cabo Verde

Fayçao Fajr entró na lista definitiva de Marrocos para unha eliminatoria ante Cabo Verde, clasificatoria para a Copa de África 2017.

O partido de ida será o sábado 26 de marzo en Cabo Verde e a volta, o martes 29 en Marrocos.

O atacante branquiazul viaxará á concentración do equipo nacional marroquí o domingo 20 de marzo, tras o partido deste sábado 19 en Riazor ante o Levante (20.30, Canle + Liga / Abono Fútbol).

Sam Piette, citado por Canadá para unha eliminatoria oficial ante México

O mediocentro fabrilista Sam Piette foi convocado por Canadá para unha eliminatoria ante México, clasificatorio para o Mundial.

O partido de ida, para Piette, será o venres 25 de marzo en Vancouver; e a volta o martes 29 en México D.F.

O futbolista branquiazul terá que viaxar o luns 21 de marzo, tras o partido do Fabril o domingo 20 de marzo en Ribadumia (17.00 horas). Perderase o encontro do filial ante o Barbadás, en Abegondo, o fin de semana do 26 e 27 de marzo; posto que o regreso de Sam Piette á Coruña está previsto para o 31 de marzo.

Borges, con Costa Rica

Celso Borges regresa tras superar a súa lesión á selección de Costa Rica para disputar dous partidos oficiais, clasificatorios para o Mundial de Rusia 2018, durante este mes de marzo.

Así, a selección costarriqueña visitará a Xamaica en Kingston o venres 25 de marzo. Catro días máis tarde, o martes 29, será o partido de volta, en San José.

O mediocentro deportivista viaxará á concentración o domingo 20 de marzo, tras o partido en Riazor ante o Levante.