RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Gran reacción do Deportivo ABANCA B ante o Victoria FC B

O Deportivo ABANCA B superou (1-3) ao Victoria FC B en Santiago, en partido correspondente á 22ª xornada na Primeira Autonómica Feminina.

O primeiro tempo levouno o equipo santiagués, que dominou o xogo e o marcador (1-0). Tralo descanso, chegou a gran reacción deportivista que, a base de bo fútbol e aos goles de Patri, Michelle e Ari, conseguiu dar a volta ao resultado e amarrar 3 novos puntos.

Con este marcador, o Deportivo ABANCA B é terceiro con 51 puntos e cun partido menos que o segundo clasificado, o Atlético Arousana, que ten 52 puntos. Ambos os equipos ven as caras en Ponte dos Brozos (Arteixo) o vindeiro domingo 11 de marzo.

Deportivo ABANCA B: Jessica, Alba Martínez, Sofía, Lara, Ainhoa, Patri, Sara Piñeiro, Michelle, Carlota, Vero e Lidia. Tamén xogaron: Miralles, Noe, Ari e Antía.

Os resultados até a data do Deportivo ABANCA B son os seguintes:

Deportivo ABANCA B 2 (Alba Suárez e Vero) - Orzán 0
Valladares 1 - Deportivo ABANCA B 0
Deportivo ABANCA B 0 - Viajes InterRías 0
Umia 1 - Deportivo ABANCA B 4 (Vero, Sara Iglesias, Lidia e unha futbolista rival en propia meta)
Deportivo ABANCA B 5 (Vero -3-, Ari e Alba Suárez) - EFM Concello de Boiro 1
Torre 0 - Deportivo ABANCA B 4 (Alba Suárez, Alba Martínez, Michelle e Sara Iglesias)
Deportivo ABANCA B 3 (Alba Suárez, Alba Martínez e Lidia) - Victoria FC B 2
Atlético Arousana 5 - Deportivo ABANCA B 3 (Vero, Lidia e Ari)
Deportivo ABANCA B 5 (Vero -3- e Alba Suárez -2-) - Victoria CF B 0
SD Val 0 - Deportivo ABANCA B 0
UD Mos 1 - Deportivo ABANCA B 2 (Michelle e Mar)
Deportivo ABANCA B 5 (Alba Suárez -2-, Alba Pérez, Ainhoa e Michelle) - Sárdoma B 3
Tordoia 0 - Deportivo ABANCA B 3 (Alba Pérez, Sara Iglesias e Vero)
Deportivo ABANCA B 6 (Patri -3-, Vero -2- e Michelle) - SCD Milagrosa 2
UD Ourense 1 - Deportivo ABANCA B 3 (Michelle, Lidia e Vero)
Orzán 1 - Deportivo ABANCA B 3 (Sara Piñeiro, Vero e Antía)
Deportivo ABANCA B 0 - Valladares 0
Viajes InterRías FF - Deportivo ABANCA B (suspendido ao descanso)
Deportivo ABANCA B 3 (Vero, Carlota e Ari) - Umia 2
EFM Concello de Boiro 1 - Deportivo ABANCA B 4 (Alba Suárez, Alba Martínez, Michelle e Carlota)
Deportivo ABANCA B 5 (Carlota -2-, Michelle, Alba Suárez e Lidia) - Torre 0
Victoria FC B 1 - Deportivo ABANCA B 3 (Patri, Michelle e Ari)