RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Lotina: Agora non é momento de falar da renovación. Quedan meses por diante para éso

Miguel Ángel Lotina dejó claro esta tarde en rolda de prensa que "agora non é o momento de falar da renovación. Toca sacar o máximo rendemento deste persoal". O técnico vasco no entanto asegura que está

-Acabouse o prazo de fichaxes e ao final non veu ninguén.
-Pouco podemos dicir. Agora imos sacar o máximo a este persoal. Estivemos dous días de descanso e vin aos xogadores máis frescos, máis vivos. O adestramento foi dunha gran intensidade.
 
-¿Seguirá Manuel Pablo na zurda?
-Imos ver. Por un partido que salga mal tampouco se poden sacar moitas conclusións. Iso si, non descartamos que acaben xogando Raúl ou Seoane.
 
-Na rúa hai certo alarmismo pola lesión de Filipe e porque non houbo reforzos. ¿Podería lanzar unha mensaxe de tranquilidade?
-Este persoal fixo unha primeira volta sensacional. A min demostroume que nos malos momentos levántase. Hai moitos xogadores que me sorprenderon gratamente.
 
-¿Cando lle informaron que non ía vir ninguén?
-A semana pasada xa mo comentou o presi. Xa o sabía.
 
-¿O próximo medio será importante para saber realmente onde pode chegar este equipo?
-Desde logo vai ser importante. A liga, salvo por arriba, está moi deslabazada. Iso si, nós temos que facer máis que o que fixemos ante o Real Madrid.
 
-Non houbo reforzos, ¿cambian os obxectivos do equipo?
-Nunca nos marcamos obxectivos. Eu estou ilusionadísimo en sacar o máximo deste persoal. Se ti en agosto colles os persoais, verás que o Dépor non ten obrigación de entrar en UEFA. Iso si, imos pelexar ao máximo para chegar o máis arriba posible. Aquí non se vai a deixar levar ninguén. Defendemos unhas cores e un escudo que son as emocións e os sentimentos dunha afección.
 
-¿Que che parece o fútbol o luns?
-Bo. Desde logo non vai ter tirón entre o afeccionados pero ás televisións interésanlles.
 
-¿Cal é o segredo de Juan Rodríguez, que xoga ben en tres sitúes distintas nun mesmo partido?
-Juan Rodríguez non é un xogador "10" pero si é un "7" onde xogue. E ésto para un adestrador é moi importante.
 
-É un activo para o Deportivo porque xa hai interese doutros equipos.

-Non o sabía. Desde logo Juan é un futbolista que leva moitos anos, xogando moitos partidos en Primeira División. Cóidase moito e para un adestrador é moi cómodo ter futbolistas como el nun persoal.
 
-Iván Pérez nestes últimos partidos está a ter máis oportunidades.
-Si é certo que está a crecer Iván. Leva un refacho bo. De inicio non andou tan ben pero cando sae está a achegarnos cousas interesantes.
 
-Mágoa o de Mendilíbar, o seu amigo, no Valladolid.
-Cada vez hai máis presión nos equipos. Ademais, o peor son crearse expectativas. Alí falouse ao principio, coas fichaxes que se realizaron, de UEFA. Ninguén entende a permanencia. E con Valverde ocorreu algo parecido. Lémbrase o bo de atrás e non deixan tempo.
 
-Achégase o 30 de xuño, ¿falaron xa da renovación?
-Non falamos. O certo é que temos tempo por diante nos próximos meses. Desde logo estou moi orgulloso de ser o adestrador do Deportivo da Coruña.