RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Lucas Pérez decide en Santa María dá Feira

O Deportivo venció esta tarde en Santo María dá Feira ao Feirense (0-1), nun novo amigable de pretemporada. O partido sirvió de presentación do equipo portugués, recién ascendido á Primeira División, ante o

A pesar da forte calor reinante, arrincou ben o Deportivo, coas premisas de Garitano: presión arriba, intensidade e movemento rápido de balón. Nesta ocasión, os branquiazuis (hoxe coa bandeira galega), presentaron un 4-2-3-1 como sistema de xogo.

Lucas puido marcar nun 'un para un' ao catro minutos. O atacante coruñés, que chegou escorado á meta rival, preferiu recortar a Ícaro, o defensor local que o acabou derrubando. O colexiado luso Renato Oliveira non apreciou falta algunha.

A segunda tamén foi para o Dépor, nun disparo de Faiçal que atallou ben o porteiro luso.

O partido equilibrouse e o Feirense puido empatar á media hora, pero o cabezazo de Platiny, tras un centro desde a banda esquerda do ataque luso, desviouno Tyton a saque de esquina. Un minuto máis tarde, de novo Tyton desbarata un bo chute colocado de Platiny, esta vez desde a frontal.

A última oportunidade do primeiro tempo foi para Borja Vale, que rematou lixeiramente desviado un bo pase ao corazón da área de Lucas. O pichichi deportivista caeu nesta ocasión a banda esquerda e foi o asistente a Borja.

Ao descanso chegouse sen goles e con boas sensacións deportivistas.

Garitano empeza a mover o banco. Lux e Andone relevan a Tyton e Borja Vale respectivamente.

O Dépor fíxose co dominio do xogo. Froito destes bos minutos, Lucas adiantou ao Dépor tras unha boa combinación por banda dereita. O pichichi branquiazul bateu á meta Vaná no man a man. O técnico deportivista pediu orde e posesión aos seus xogadores, que seguiron co mando do partido.

No entanto, o Feirense, ao verse por detrás no marcador, tratou de dar un paso á fronte. Kakuba puido igualar o partido ao cabecear lixeiramente alto ao segundo pau un balón tras un saque de esquina.

Seguindo a tónica desta pretemporada, aos 70 minutos Garitano refresca o equipo e dá entrada ao resto de convocados: Arribas, Navarro, Alex, Borges, Emre e Gil saltan ao céspede. O equipo recupera aire e sacódese o lixeiro dominio do Feirense tras o gol de Lucas.

Ao Dépor faltoulle precisión nos metros finais para dar a puntilla e ao Feirense, claridade nas accións de ataque, ademais de calidade para superar á armazón defensiva coruñés. O partido pechouse cun disparo de Freire que Lux desviou a saque de esquina.

Deportivo: Tyton (m. 46, Lux), Juanfran (m. 63, Laure), Luisinho (m. 70, Navarro), Sidnei (m. 70, Arribas), Albentosa, Mosquera (m. 70, Borges), Guilherme (m. 70, Alex Bergantiños), Borja Vale (m. 46, Andone), Fayçal (m. 70, Emre Çolak), Bruno Gama e Lucas Perez (m. 70, Carles Gil).

Goles: 0-1, m. 56: Lucas Pérez