RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Luisinho vaticina un derbi ''moi disputado e que se vai resolver nos pequenos detalles''

  Luisinho compareció esta mañana na sala de prensa de Abegondo. Cre que, nestas semanas sen coñecer a vitoria, houbo "mala sorte, malas decisións. A pelota parece que non quería entrar. Agora hai que esquecerse dese

Lembra que "todo o mundo quere xogar" #ONosoDerbi do próximo sábado 2 de abril en Balaídos (22.05, TVE), "e nós estamos con esa ilusión de xogar o derbi e conseguir ese tres puntos".

Opina que este parón ligueiro polos compromisos das seleccións "benefícianos un pouquiño porque o equipo estaba un pouco desgastado por estes últimos partidos, con esta serie negativa. Agora sabemos que temos un partido co Celta que é un partido especial, como sabemos. Non é un partido calquera. Sabemos que o Celta está a facer un bo campionato, e temos que estar preparados".
 
Subliña Luisinho que nos derbis "pode pasar de todo. A pesar de estar eles por encima de nós vai ser un derbi moi disputado e vaise a resolver nos pequenos detalles. Por iso o que estea mellor preparado, coa cabeza fría, gañará ese partido".
 
Confesa que sente #ONosoDerbi como propio: "Teño esa ilusión, esas ganas de querer xogar. A maioría dos meus compañeiros tamén as teñen. Claro que o sinto. Un derbi sente sempre. Como sabedes sinto bastante as cores do Club, non sendo de aquí da Coruña. É un Club polo que teño un agarimo especial. E non é mentira ningunha. Por iso teño esa ilusión de xogar contra o Celta e se é posible de gañalo".
 
A nivel particular, o lateral zurdo deportivista, titular o pasado sábado ante o Levante, di respecto diso que "o meu obxectivo é sempre xogar o máximo de partidos. Sei que ás veces non é posible polo persoal en si. Sempre vou traballar para iso, despois depende do adestrador".
 
En canto ao seu futuro no Deportivo, razoa o defensor luso que "son un xogador bastante competitivo, que me gusta xogar. Se ti non xogas, ¿que vas facer aquí? Non me chega só cobrar. Para cobrar estaba no Benfica, que estaba alí de marabilla e cobraba ao día xusto. Quero xogar. No Deportivo sempre xoguei. Este ano as cousas non están a saír como eu esperaba e se non xogo, cando chegue ao final da tempada buscarase unha solución mellor para min e para o Club".
 
Nesta liña, insiste en que "se non xogo, eu non podo estar contento. É normal que o pense así porque todo xogador quere xogar. Eu non son unha excepción. Quero xogar. Sei que temos un persoal bastante boa. Se non xogo con tanta regularidade hai que buscar unha solución. Respecto todas as decisións só que un xogador quere xogar sempre".
 
Iso si, pide "non falar agora máis deste tema porque agora temos un final de tempada bastante importante. O máis importante agora é asegurar a permanencia do Dépor e despois do futuro imos ter tempo, imos ter paciencia e imos falar con quen temos que falar e resolver o tema".
 
Nega problemas co técnico Víctor Sánchez "nin con ninguén. Agora se me preguntas se estou contento non o estou. Iso está claro.Eu son profesional, teño que traballar para xogar, teño que facer o meu parte. O adestrador é o que pon aos mellores. Se el entende que eu non son o mellor para xogar teño que respectar esas decisións porque é o que manda. Agora se eu non estou contento igual teño que tomar unha decisión e falar co Presidente a final de tempada".
 
Finalmente, sobre a salvación do equipo, sostén Luisinho que o Dépor aínda non está matematicamente salvado, "pero na situación que estamos, creo que con tres ou catro puntos a situación pódese resolver. Temos ese colchón que nos dá esa seguridade. Temos sete ou oito partidos por diante que podemos facer puntos. Sabemos que temos un calendario difícil ata o final. Pero temos en casa que temos obrigación de gañar. Se gañamos eses partidos a salvación está feita. Sabemos que non está matematicamente, que pode pasar de todo, pero confío neste persoal, confío no grupo e creo que o máis rápido posible ímonos a salvar".