RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Manuel Pablo: O Deportivo é un Club referente en Primeira División

Manuel Pablo, capitán do Deportivo, compareció esta mañana en rolda de prensa no Mundo do Fútbol en calidade de único sobrevivente do campionato de Liga que logró o Deportivo mañana xusto fai dez añv

-¿Un día como hoxe fai dez anos estabas moi nervioso?
-Non estabamos nerviosos. É máis, empatamos a xornada anterior en Santander e case o celebramos alí.

-E como recentemente chegado ao Club, supoño que impresionado co ambiente previo a eses días.
-Era o meu segundo ano no Deportivo. Acórdome de que a cidade, os balcóns... todos se estaban preparando para o que veu, unha gran festa.

-¿Como valoras este título ligueiro?

-Eu creo que a liga é moi difícil gañala. Máis alcanzable é a Copa, que son menos partidos e se tes un bo sorteo pódesche plantar na final. Aínda que nós a última foi moi complicada porque estaba preparada a festa para o Real Madrid.

-E esta tempada, houbo moita desigualdade na liga.

-Foi igualada pero só para dous. Pero entre eles e os demais houbo demasiada diferenza. Na que gañamos había un grupiño de equipos aí arriba.

-¿Crees que o Deportivo volverá ter outra oportunidade?
-Creo que si, que volveremos estar arriba. O Deportivo asentouse en Primeira e somos un equipo referente na categoría. Levamos 20 anos e nunca pasamos apuros. É máis, no global sempre estivemos entre o dez primeiros.

-¿Que balances fas da tempada?
-Pois ilusionamos á xente no primeiro tramo. E ao final sobráronnos os dous últimos meses. Lastráronnos moito lesións de xogadores importantes. Perdemos potencial e notouse.

-¿E a nivel persoal?

-Moi contento. Salvo algún problemilla, xoguei toda a tempada sen lesións.

-¿Vesche, como Valerón, como Asesor ao acabar a túa carreira?
-O único que penso é no ano que vén e logo, en gañarme xogar outra tempada. E logo outra. E outra. De momento penso como futbolista.