RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Manuel Pablo: Temos que facernos fortes en casa

O capitán do Deportivo, Manuel Pablo, abogó esta mañana na sala de prensa do Mundo do Fútbol pola solidez en Riazor de aquí ao final de tempada: "Puntuar fóra vai ser cada vez más difícil e por iso deb

-Vén o Tenerife, todo un derbi para un canario.
-Non vou negar que para min será o partido máis especial de toda a tempada. Oxalá eles estivesen noutra situación, porque o certo é que están nun momento moi complicado.
 
-De todos os xeitos non o vives tanto aquí coma se estiveses nas Palmas.
-Eu quero que o Tenerife, como representante do fútbol das illas, quede en Primeira. De todos os xeitos aínda que estea no Dépor, sigo tendo ese pique emocional.
 
-Non están eles nun bo momento. Son o equipo máis goleado, o visitante máis frouxo...
-De todos os xeitos creo que vai ser un partido complicado para os dous. Nós tampouco estamos todo o ben que quixésemos.
 
-¿Que opinión tes do Tenerife?

-Está a pasarlles un pouco o do Xerez. Os seus erros páganos caro. Debemos de aproveitalos.
 
-Por certo, o colexiado do partido é o mesmo que o de Xetafe. ¿Acórdasche?
-Non. Acórdome do partido, que quedamos con nove e aínda así gañamos. Do árbitro non.
 
-A mala noticia desta semana é a lesión de Juca.
-Estamos a ter moitas lesións e non sabemos cal é a causa. Se cadra é que o equipo non está ben, con moitas baixas e hai xogadores que acumulan moitos minutos.
 
-¿Acendéronse no vestiario as alarmas polo baixón de xogo?

-É certo que estamos preocupados por iso. Pero tamén é verdade que temos moitas ganas de mellorar.
 
-¿Preocúpavos que se chegue tan pouco arriba?
-Si. Está a faltarnos profundidade nestes últimos partidos.