RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
CADETE A

O Cadete mantense firme en Ferrol

O Cadete mantense firme na súa visita ao Racing de Ferrol (1-4), en partido correspondente á 10ª xornada na División de Honra.

Os branquiazuis entraron mellor ao partido, froito diso Íker Fernández anotou o primeiro gol; aínda que os racinguistas lograron igualar antes do descanso.

No entanto, após o paso polos vestiarios, o equipo de Daniel González imprimiu unha marcha máis e asegurou os 3 puntos con goles de Janusz, Trillo e Diego.

Con este resultado, o Cadete suma 30 puntos por 28 do RC Celta, segundo na táboa.

Cadete: Rodrigo, Guille, Jorge, Pablo Campo, Íker Fernández, Abel, Leandro, Yago, Miguel de Labra, Trillo e Balbas. Tamén xogaron: Xabi Campos, Janusz, Carballeira e Diego.

A próxima fin de semana, o Cadete recibe en Abegondo ao CD Areosa.

Os resultados até a data do Cadete son os seguintes:

Os resultados até a data do Cadete son os seguintes:

ED Val Miñor Nigrán 1 - Cadete 3 (Trillo, Miguel de Labra e Diego)
Cadete 3 (Janusz, Yago e Trillo) - Coruxo FC 1
Ural Español CF 0 - Cadete 5 (Mosquera -2-, Miguel de Labra, Pablo Campo e Yago)
Cadete 8 (Miguel de Labra -3-, Mosquera, Leandro, Carballeira e Diego) - Salgueiriños FC 1
UD Ourense 3 - Cadete 5 (Miguel de Labra -2-, Trillo, Janusz e Leandro)
Cadete 2 (Miguel de Labra e Guille) - CD Conxo Santiago 1
CD Lugo 2 - Cadete 5 (Miguel de Labra -5-)
Cadete 5 (Leandro, Trillo -2-, Jorge e Miguel de Labra) - Atlético Coruña Montañeros CF 0
Cadete 6 (Yago -2-, Balbas, Miguel de Labra, Diego e Janusz) - Rápido de Bouzas 2
Racing de Ferrol 1 - Cadete 4 (Íker Fernández, Janusz, Trillo e Diego)

/* Bot imbee */