RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

O Dépor ficha a Brayam Angulo, que será o complemento de Filipe no lateral zurdo

O Deportivo fichó na madrugada de onte ao lateral zurdo colombiano Brayam Angulo, de 19 añvos, como complemento de Filipe Luís. O futbolista americano chega cedido unha tempada con opción de compra.

Os técnicos do Deportivo seguiron os últimos meses a Angulo nas filas do Leixoes portugués, onde foi titular indiscutible desde a súa chegada ao Club en xaneiro deste ano e co que logrou a sexta praza e a clasificación para disputar a Copa da UEFA.

O Presidente do Deportivo, Augusto César Lendoiro, xestionou directamente desde a súa estancia en México as negociacións que culminaron hai escasamente unhas horas. Desta forma, Angulo convértese na segunda fichaxe tras o de Juca, pivote brasileiro que procede do Partizan de Belgrado. Ademais, o Dépor acaba de renovar a Manuel Pablo e a Pablo Álvarez. Con Sergio hai un principio de acordo verbal, pendente de firma.