RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

O Dépor puxo fin á liga en Riazor

  O RC Deportivo cerró a tempada cunha derrota ante un Real Madrid (0-2) que non puido conquistar a liga en Riazor, ao vencer o Barcelona en Granada, nun partido que decidiron dous goles de Cristiano Ronaldo no primeiros trinta minutos e n

Na despedida do curso, o técnico do conxunto branquiazul, Víctor Sánchez do Amo, realizou tres cambios con respecto ao once que a semana pasada asegurou a permanencia en Vilarreal. O croata Stipe Pletikosa, que se despediu en Riazor do fútbol profesional, ocupou a portaría en detrimento de Manu Fernández. Manuel Pablo substituíu a Laure no lateral dereito e Fernando Navarro volveu ao carril esquerdo tras cumprir sanción no Madrigal, no sitio de Juanfran. 
 
No minuto 7, o Real Madrid adiantouse no marcador. O galés Gareth Bale internouse polo extremo esquerdo do ataque branco e centrou raso para o francés Karim Benzema, que pifió o seu remate. Con todo, a fortuna aliouse cos merengues, pois o balón caeu ao portugués Cristiano Ronaldo, completamente só, que o empuxou comodamente ao fondo das mallas. Era o primeiro disparo a porta de todo o partido.
 
No seu segundo lanzamento a portaría, os brancos aumentaron a súa vantaxe. Foi nun córner rematado, de novo, por Cristiano Ronaldo. O cabezazo do luso pegou nas costas de Pedro Mosquera, para coarse pegado ao poste dereito a portaría dun Pletikosa que nada puido facer. Corría o minuto 25.
 
Despois dun intento afastado de Fede Cartabia que se marchou alto, Cristiano Ronaldo estrelou un sutil derechazo no pau esquerdo do portal coruñés e, de inmediato, Pletikosa sacou unha man prodixiosa a un tiro de Benzema que buscaba a cepa dese mesmo poste.
 
Novamente, o dianteiro portugués levou perigo á meta herculina. No minuto 34, un zurdazo seu golpeou na parte superior do traveseiro. Dous minutos máis tarde, Fede Cartabia buscou unha nova diagonal. O seu lanzamento, esta vez por baixo, escapouse por pouco á dereita do marco do costarriqueño Keylor Navas.
 
Ao dez minutos da continuación, Lucas enganchou a pelota ao bordo da área e, coa súa perna mala, puxo en apertos a Keylor Navas, que rexeitou a pelota tras unha gran estirada. Pouco despois, foi Manuel Pablo, case en posición de ariete, quen disparou coa esquerda tras unha deixada de Luís Alberto, aínda que o tiro foise ás nubes.
 
Roldando o minuto 65, Sidnei e Arribas asinaron unha bela combinación na segunda xogada dun saque de esquina. O brasileiro levantou o coiro, o madrileño deixoulla de peito e o remate do suramericano sacouno Keylor Navas a córner.
 
No minuto 71, chegou a oportunidade máis clara do Dépor. O canteirán Róber, recentemente ingresado no terreo de xogo, cabeceou un saque de esquina botado desde a dereita do ataque deportivista. Keylor Navas atopouse co balón entre as súas pernas e puido evitar o tanto.
 
Cun cabezazo frouxo de Isco, no minuto 79, pechouse o capítulo de oportunidades claras, a pesar de que o Dépor tentou conseguir o gol da honra en varias incursións de Fede Cartabia e Lucas Pérez.
 
Tras o asubío final, a afección deportivista agradeceu a continuidade en Primeira aos seus xogadores cun forte aplauso, mentres os compoñentes do persoal manteaban a Pletikosa, que ademais saudou a todo o estadio dando unha volta ao terreo de xogo.
 
Deste xeito, o conxunto coruñés finaliza a tempada con 42 puntos, coa marca de empates (18) na historia da Primeira División española e coa permanencia, por terceira campaña consecutiva, na máxima categoría nacional.
 
RC Deportivo: Pletikosa, Manuel Pablo, Arribas (Róber, min. 70), Sidnei, Fernando Navarro, Álex Bergantiños, Pedro Mosquera (Borges, min, 76), Fayçal Fajr (Oriol Rise, min. 76), Fede Cartabia, Lucas e Luís Alberto.
 
Real Madrid CF: Keylor Navas, Carvajal, Pepe, Sergio Ramos, Marcelo, Kroos (Isco, min. 61), Casemiro, Modric, Bale (Jesé, min. 76), Benzema e Cristiano Ronaldo (James Rodríguez, min. 46).
 
Goles: 0-1 Cristiano Ronaldo (min. 7); 0-2 Cristiano Ronaldo (min. 25).
 
Árbitro: Mateu Lahoz (C. valenciano). Cartón amarelo a Kroos (min. 50), Pedro Mosquera (min. 57) e Sergio Ramos (min. 86).
 
Incidencias: partido da 38ª xornada de Primeira División disputado no Estadio de Riazor ante 29.017 espectadores. No descanso, o presidente deportivista Tino Fernández, impuxo a Insignia de Ouro e Brillantes do Club a Arsenio Igrexas.