RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Deportivo e o Valladares asinan un acordo de colaboración para as tres próximas temporadas

O Real Club Deportivo e o Club Deportivo Valladares asinaron un acordo de colaboración cunha duración de tres anos ampliable a un máis.

O Deportivo promoverá sesións de adestramento nas instalacións do club vigués, cuxo conxunto feminino logrou o ascenso a Segunda División Nacional após proclamarse campión da Primeira División Galega por diante do Dépor ABANCA B.

Diferentes equipos do Deportivo participarán en torneos organizados polo Valladares. Ambos os clubs tamén estudarán a posibilidade de organizar un DéporCampus Cabreiroá no verán de 2019 na cidade olívica.

Igualmente, técnicos do Valladares recibirán charlas formativas e asistirán a adestramentos na Cidade Deportiva de Abegondo. Os preparadores deportivistas devolverán esas visitas para compartir formación técnica en ambas as direccións.