O equipo viaxa a Alcorcón o venres despois de adestrar
O primeiro equipo desprázase este venres por estrada á localidade madrileña de Alcorcón para disputar a sexta xornada da liga Adiante.
O plan de viaxe é o seguinte:
Venres 23 de setembro
9.30 (pendente de confirmación): Adestramento no Mundo do Fútbol
12.00: Saída do autocar de Abegondo
14.30: Parada para comer no Restaurante A Facenda na Bañeza
18.30: Chegada a Madrid e aloxamento no Hotel NH Abascal
Sábado 24 de setembro
18.00: Alcorcón - Deportivo no Municipal de Santo Domingo
Ao finalizar, saída en autocar cara á Coruña
23.00: Parada para cear no Restaurante Os Toureiros en Tordesillas