RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

O luns comezarán as actuacións para a substitución completa do céspede do estadio de Riazor

  Tras a disputa da xornada deste fin de semana fronte ao Sporting de Gijón, o Real Club Deportivo acometerá unha das actuacións más importantes do añou coa sustitución completa do césped de estadio munic

A actuación consistirá na substitución total do actual campo, que recuperará a altura orixinal a nivel de pista e a actualización do sistema de rega. As obras comezarán o luns día 3 co rebo do material actual, un proceso que durará unha semana. A partir de aí prepararase o chan e instalaranse os tepes novos para que entre dous e tres semanas despois o campo estea en condicións de acoller o seguinte partido de Liga.
 
Esta é unha obra que hai máis de dúas décadas que non se acometía e que supón unha mellora e un salto de calidade importante que situará a superficie de xogo herculina nos estándares de calidade máis altos de LaLiga. Grazas a esta iniciativa do Dépor, Riazor gozará agora dun céspede que cumpra con todos os requisitos do Regulamento para a Retransmisión Televisiva que rexe a competición desde o punto de vista audiovisual.