RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

O presidente da Deputación recibiu ao Consello de Administración

- Foto: Diputación da Coruña - O presidente da Diputación Provincial da Coruña, Diego Calvo, recibió esta mañana ao Consello de Administración do Deportivo. Nesta primeira reunión institucional e

Ao termo do encontro, en que se presentaron os plans de futuro para o Dépor, o presidente do Club, Tino Fernández, asinou no Libro de Ouro da provincia deixando a seguinte mensaxe:

"En nome do Consello do R.C. Deportivo e de todo o deportivismo, moi agradecido ao Presidente da Deputación Provincial polo seu trato e seguros de que as relacións entre ambas as institucións serán excelentes para beneficio da provincia da Coruña. Afectuosamente. Forza Dépor!!!!"

Tras a reunión, Diego Calvo declarou que "os plans que teñen para o Deportivo encaixan en moitas liñas cos que pretendemos facer desde a Deputación e, de face ao futuro, trataremos de que as relacións se vaian estreitando moito máis, vendo como podemos colaborar cos obxectivos que están a definir desde o propio Consello de Administración. Desexámoslles o maior éxito do mundo, porque o éxito do Deportivo é da cidade, da provincia e de Galicia en xeral".

Tino Fernández pechou a intervención pondo ao Deportivo "a disposición da sociedade e predisposto a favorecer social e economicamente á súa contorna, que neste caso é a provincia". "Creo que a relación vai ser excelente, tratando de buscar proxectos comúns nos que hoxe empezamos a avanzar para ilos concretando en moitos ámbitos: cultural, social, ou deportivo co fútbol de base e a promoción do deporte".