Resultados en ANOSACANTEIRA feminina, con ascensos do Dépor ABANCA B a Segunda Federación e do Orzán SD Sub-21 a Tercera
A fin de semana en ANOSACANTEIRA feminina pasou pola localidade zamorana de Bóveda de Toro. Neste pobo de apenas 680 habitantes, o Dépor ABANCA B logrou un histórico ascenso a Segunda Federación.
O filial (na foto inferior) goleou ao CD Bovedana e ademais conquistou o título de campioas de liga ao caer o Olímpico de León na súa visita ao RC Celta.
Para hoxe domingo 27 quedou ademais o triunfo do Orzán SD Sub-21 (na foto da noticia) en Calo (2-5) que ascende ás orzanistas a Tercera Federación noutro éxito de #ANOSACANTEIRA.
Tamén gañou o Orzán SD Xuvenil ao SCD Pastoriza (4-1) en Segunda Autonómica.
En canto ao resto de categorías, onte sábado 26 o Orzán SD Cadete certificou o seu pase ás semifinais da Liga Galega ao golear (0-10) ao Bergantiños CF no partido de ida.
E xogaron, e gañaron, os infantís na segunda fase da Liga Galega, o A en Lugo ante o SCD Milagrosa (0-2) e o B en Eirís ante o UD Cerqueda (2-1).
Os resultados da fin de semana foron os seguintes:
Terceira Federación 29ª xornada: CD BOVEDANA 1 - DEPORTIVO ABANCA B 5 (Laura Otero, Carmen Carballada, Laura Ruiz, Michi Apóstol e Laura Santos)
Primera Autonómica 28ª xornada: SR CALO 2 - ORZÁN SD SUB-21 5 (Daniela Macedo -2-, Ángela Cotelo e Ivana Fernández)
Segunda Autonómica 28ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL 4 (Sara Montes, Sofía Rodríguez -2- e Carmen Traba) - SCD PASTORIZA 1
Liga Galega cadete Fase Final polo Título Galego cadete, cuartos de final, ida: BERGANTIÑOS CF 0 - ORZÁN SD CADETE 10 (Marta Moreno -4-, Daniela Macedo, Sofía Rodríguez, Ángela Cotelo, Carla Álvarez -2- e Carmen Couto)
Liga Galega infantil, segunda fase Grupo 1A, 5ª xornada: SCD MILAGROSA 0 - ORZÁN SD INFANTIL A 2 (Carolina Lago e Valentina Fernández)
Grupo 2A, 5ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL B 2 (Nerea Cruz -2-) - UD CERQUEDA 1