RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Sesión de recuperación, ximnasio e masaxe para o primeiro persoal na Cidade Deportiva

O persoal do Deportivo tivo esta mañana unha sesión de recuperación no Mundo do Fútbol. Houbo estiramentos e traballo de ximnasio orientado á prevención de lesións; así como masaxe e bañvos de contraste fr&

Adrián, que regresou onte pola tarde da concentración da Selección Española Sub-21, realizou un traballo de recuperación no céspede co preparador físico José Ángel Franganillo. Tamén saltaron ao campo Juca, que segue co seu proceso de readaptación, e Bodipo, que xa realizou carreira continua.

Mañá venres, Miguel Anxo Lotina preparará o encontro ante o Atlético de Madrid no Estadio de Riazor, a partir das 10.30 horas e a porta pechada.

Precisamente Adrián, en rolda de prensa, manifestou que o Dépor "ten que estar superconcentrado o noventa minutos. Eles teñen un gran equipo e como teñas un descoido márcanche un gol". Confesou sentirse "preparado" para entrar no once aínda que recoñece que aínda o míster non dixo quen entraría de inicio ante o Atlético.