O Dépor adestrouse esta mañá en Abegondo co cadro dividido en 3 grupos.
Os titulares onte ante o Osasuna B en ABANCA-RIAZOR realizaron unicamente a primeira parte do traballo no céspede, activación e rondos, e continuaron logo con tarefas de recuperación física no ximnasio e cos fisioterapeutas.
Para os futbolistas que non actuaron onte de inicio en ABANCA-RIAZOR a mañá foi de alta intensidade, cunha tarefa de posición, un exercicio de finalizacións e fútbol en espazo reducido.
Imanol Idiakez, adestrador deportivista, advertiu onte ante os medios de comunicación que "cando veñen mal dadas só queda levantarse, pór a cara e porse de fronte".
Están con traballo personalizado os lesionados Ximo Navarro, Pablo Muñoz, Barbero e o canteirán Mella; ademais de Retuerta, en repouso deportivo.
Os fabrilistas Kevin, Jairo, Martín Ochoa, Rubén e Mati Castillo adestráronse esta mañá co primeiro equipo; aínda que os dous primeiros, titulares co Fabril no seu partido ante o CD Cayón, só realizaron a primeira parte do traballo.
Mañá martes haberá xornada de descanso. O Dépor volve aos adestramentos o mércores ás 11:00 en Abegondo, con almorzo previo a partir das 8:30.
Esta semana toca visita ao FC Barcelona Atlètic, o domingo 3 de novembro ás 17:00 (FEF TV) no Estadio Johan Cruyff.