RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Un Dépor de canteira suma e segue en Vilalba

O Dépor impúxose (0-3) esta tarde ao Racing Vilalbés na Magdalena de Vilalba no terceiro amigable de pretemporada. Anotaron tres canteiráns e debutaron además Ángel, Blas e Santi Taboada.

Foron os primeiros minutos de xogo de Medunjanin, que actuou de inicio no dobre pivote con Alex Bergantiños.

Do mesmo xeito que ocorreu o pasado mércores en Ferrol, Víctor dispuxo dous dianteiros de inicio: Oriol e Luís Fernández.

O partido arrincou con pouco ritmo. O Racing mesmo obrigou a intervir a Fabricio nalgunha ocasión.

Aos poucos, o Dépor foi entrando en xogo e empezou a crear perigo. De Oriol foron as primeiras oportunidades, aínda que o que abriu o marcador foi Róber. O central fabrilista, hoxe lateral dereito, cabeceou á rede no segundo pau un centro desde a banda esquerda.

Co paso dos minutos, o Racing acusou o cansazo e o Dépor aproveitou para pór cerco á meta local.

Luís Fernández anotou o segundo, no seu segundo gol nesta pretemporada.

Ao descanso chegouse con este resultado.

Víctor introduciu cinco cambios ao comezo da segunda metade. As lesións habituais en toda pretemporada impediron ao técnico deportivista aliñar a dous onces distintos en cada tempo.

David, Dani Igrexas, Insua, Navarro e Juan Domínguez relevan a Fabricio, Oriol, Lopo, Arribas e Medunjanin respectivamente.

A partir do minuto 56 continuou o carrusel de substitucións. Santi Taboada, Laure, Saul e Anxo saltan ao campo por Alex Bergantiños, Luisinho, Óscar e Luís Fernández.

Esta circunstancia provocou que o ritmo de xogo decaese. Con moito debutante xa sobre o céspede, o Dépor perdeu fluidez en ataque.

Mesmo puido o Racing Vilalbés recortar diferenzas cun duro disparo de Iván. Sacou David a córner nunha gran parada.

Blas, un canteirán aínda xuvenil que debutou hoxe co primeiro equipo, anotou o terceiro xa na recta final. Así acabou este novo amigable do Deportivo.

Deportivo: Fabricio (m. 46, David), Róber (m. 72, Iago), Lopo (m. 46, Insua), Arribas (m. 46, Navarro), Luisinho (m. 56, Laure), Alex Bergantiños (m. 56, Santi Taboada), Medunjanin (m. 46, Juan Domínguez), Óscar (m. 56, Saúl), Àlex Corredera (m. 72, Blas), Oriol (m. 46, Dani Igrexas) e Luís (m. 56, Anxo).

Goles: 0-1, m. 30: Róber; 0-2, m. 39: Luís Fernández; 0-3, m. 83: Blas.