RCD / #ANOSAFORZA

#ANOSAFORZA

A Coruña é unha cidade futboleira desde os inicios deste deporte. O RC Deportivo foi un dos primeiros clubs españois en dispor dun campo propio e tamén dos primeiros en contar cun grande estadio, xa nos anos 40 do pasado século. Con máis de 24.000 socios, o RC Deportivo é un dos clubs con maior arraigamento en proporción á poboación da súa cidade. Un de cada dez coruñeses asiste a ABANCA-RIAZOR cada quince días. Eles, e os moitos deportivistas que animan desde outros recunchos de Galicia e do planeta, son o motivo polo que día tras día case 300 persoas, desde o céspede até as oficinas, dan o mellor de si mesmas. Por todo iso, a nosa afección é o alicerce que sostén ao RC Deportivo: #ANOSAFORZA.

RCD / Noticias
Filtros

Buscar
Reset

19/05/2011 11:34 |

Carta aberta ou Deportivismo:

Levo tempo cavilando en levar a cabo esta carta, unha carta dun deportivista mais que quere adicar unhas liñas a esta afección que esta a demostrar ser a mellor de primeira, todos vos que coma min levamos as cores e ou escudo do DEPOR correndo polas vexas estamos a sentir e padecer polo noso clube pero nestes tres días que quedan temos que defender e apoiar a nosa entidade.

18/05/2011 17:10 |

Scaloni: Os seareiros serán o xogador número 12

O ex xogador do Dépor Leo Scaloni fixo chegar ao Real Club Deportivo esta mensaxe de apoio: "Quero trasladar a todos, afición, Presidente, Consello de Administración, técnicos e futbolistas todo o meu apoio para este partido tan importante para nós os deportivistas. Os seareiros serán o noso xogador número 12. Lamentablemente non podré estar porque xogo co meu equipo pero estaré allí co meu corazón. Imos Dépor!" podes ler outras mensaxes con Sentimento Deportivista aquí

12/05/2011 11:20 |

Ser Deportivista é un sentimento marabilloso

Escribo esta mensaxe co fin de que alguén lea o que sentí este martes en Riazor. Son coruñesa de nacemento, deportivista ata a morte, e vivo en Lalín (Pontevedra) por motivos familiares. O martes pasado recogí aos meus fillos no cole e saímos cara ao meu Coruña para ver ao noso depor, para animar todo o posible, con muchísimos nervios pero non menos ilusión por un equipo no que confíou e no que poño a miña fe e toda a miña ilusión cada xornada. O ambiente en Riazor era impresionante.....

12/05/2011 00:41 |

Carta dun deportivista desde Almería

A afición do Dépor está cada vez más presente por todo o mundo, e en momentos como os que estamos a atravesar é cando más faise notar, desplazándose desde miles de kilómetros tan só para ver un partido como o de onte, ou simplemente trasladando o seu apoio incondicional a través de mensaxes que chegan ao Club por todas as vías por exemplo a carta deste afeccionado de Almería.

445-449 de 449