RCD / #ASNOSAS

#ASNOSAS

O RC Deportivo recuperou para a Temporada 2016-2017, case trinta anos despois da desaparición do pioneiro e exitoso Karbo Deportivo, o seu equipo feminino. A nova aventura das mozas deportivistas parte dun convenio de colaboración co Orzán SD, cuxa estrutura feminina pasou a integrarse na do Club branquiazul. Case corenta xogadoras, dous equipos e un gran soño feito realidade: coarse na emerxente Liga Iberdrola, a máxima competición nacional, tras acadar o título de Liga de Segunda Nacional na Temporada 2018-2019.

RCD / Noticias
Filtros

Buscar
Reset

16/03/2016 21:11 |

Deportivo e Orzán presentan o novo equipo feminino branquiazul, que arrincará a próxima tempada

O Presidente do Deportivo, Tino Fernández, e o Presidente do Orzán, Juan Eiras, presentaron esta mañana na sala de prensa de Abegondo un convenio de colaboración entre ambos os clubs para que o equipo feminino do RC Deportivo salga a competir en Segunda División Nacional a tempada próxima (2016-2017). "O Deportivo, como marca Deportivo, vai competir en nivel sénior, e o resto de categorías seguirán vinculadas ao Orzán", aclaró o dirixente deportivista.

10/08/2014 01:01 |

A Vitoria leva o Teresa Herrera feminino

- Foto: Susi García - A final do Trofeo Teresa Herrera feminino puxo o punto final a nove horas de fútbol ininterrompidas en Riazor, que arrincaron ás 16.00 do sábado, co Mini Teresa Herrera prebenjamín e benjamín, e concluíron á 1:00 da madrugada de hoxe domingo.

19/05/2011 23:36 |

A Xunta apoia á Oliveira de Vigo de fútbol feminino, omite ao Dépor e esquécese do Karbo Deportivo

A Xunta de Galicia sacó hoxe xoves unha nota pública no seu página web oficial Deporte Galego na que mostra o seu apoio incondicional ao Club Oliveira de Vigo, que acaba de ascender á Superliga feminina. A primeira institución galega non fai referencia en ningún momento a un acontecemento deportivo que se vai a vivir este sábado na Coruña e do que estarán pendentes a maioría de os galegos de Galicia e de fóra da nosa fronteira, o partido do Deportivo ante a Valencia. Unha das finais disputadas polo Karbo

1201-1205 de 1205