RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Antía Veiga disputará coa selección española sub-15 un torneo amigable en Portugal a principios de maio

Antía Veiga está convocada coa selección española sub-15 para disputar un torneo amigable nas localidades portuguesas de Castelo Branco e Serta do luns 29 de abril ao domingo 5 de maio.

Os rivais das españolas serán Polonia e Portugal.

O calendario da gardameta orzanista neste torneo é o seguinte:

Mércores 1 de maio
17:00: PORTUGAL - ESPAÑA, no Estadio Vale do Romeiro, en Castelo Branco

Sábado 4 de maio
17:00: POLONIA - ESPAÑA, no Campo de Jogos Dr. Marqués dos Santos, en Serta

A canteirá regresará á Coruña ao longo do domingo 5 de maio.

Antía Veiga é unha dos membros de #ANOSACANTEIRA que están no radar das categorías inferiores das diferentes seleccións nacionais como tamén Elena Vázquez, Lucía Rivas, Claudia Sande, Kevin Sánchez, José Rey ou Pablo García con España; Dunia Dahmouni e Amin Moustapha con Marrocos; ou Álex Delgado e Michi Apóstol tamén con Venezuela.