RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSAFORZA

A pena deportivista Manuel Pablo animará ao Dépor en Soria

A Peña deportivista Manuel Pablo organiza viaxe a Soria o fin de semana do 24 e 25 de maio para animar ao Depor no partido contra o Numancia (pendente aún de data).

A ida será o sabado 24 de maio e a volta o domingo 25. A viaxe inclúe aloxamento en hotel de catro estrelas, desprazamento en autobús e entrada ao partido. O prezo é de 75 euros máis o custo da entrada (que polo momento se descoñece).

Os interesados en reservar poden chamar aos teléfonos: 617468916 ou 647279915; poden contactar coa pena a través de facebook ou ben ao correo electrónico pdeportivistamanuelpablo@hotmail.com.

Viaxe da pena A Moa
A pena deportivista A Moa de Ou Pindo (Carnota) anunciou tamén viaxe a Soria.

A saída desta agrupación da Costa da Morte tamén será o sábado 24 de maio e o regreso, o domingo 25 de maio. O prezo será de 100 euros para os peñistas e 115 euros para os acompañantes; e inclúe viaxe en autocar, hotel de catro estrelas (hotel Cidade de Soria) en réxime de aloxamento e almorzo; e entrada ao partido.

A data tope para inscribirse é o próximo 11 de maio. Para iso, a pena A Moa habilitou os seguintes teléfonos: 655-920798 (Juanjo); 661-460824 (Fran); 635-488563 (Xota) e 607-608984 (Anxo Luís).