RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Andone ve "potencial no equipo, Xogadores moi comprometidos, xogadores moi, moi bos''

  Florin Andone foi o protagonista esta mañana na sala de prensa de Riazor. O dianteiro deportivista ve "potencial no equipo. Vexo xogadores moi comprometidos, xogadores moi, moi bos. Se me preguntases a mí, sí creo

Advirte que "o imos a dar todo e ímolo a tentar ata o último partido. Pero ti sabes que a liga é moi longa e pódese empezar ben e logo acabar mal. Entón temos que marcarnos, como di Cholo Simeone, 'partido a partido'. Tentar facernos fortes, facer puntos e ter tranquilidade".

Andone confesa ter "moitísimas ganas de que chegue o partido (do Eibar). Estamos moi ilusionados e creo que o afrontamos con moitísima ilusión. Desexamos que chegue o día canto antes para sacar un bo resultado aquí en casa".
 
Espera o internacional romanés "facer un bo partido. Temos moitas ganas de que chegue ese día. Temos a ilusión de gañar. Creo que se está traballando moi ben. A xente está moi comprometida. Estou seguro que se pode conseguir unha vitoria".
 
Do Eibar, primeiro rival este venres 19 de agosto ás 22.00 horas en Riazor (Bein Sports), di Andone que "é un equipo forte, un equipo moi físico. Creo que nos vai a xogar á contra ou, polo que teño entendido, poida que empécennos apertando arriba. Tentaremos dominar o partido, telo controlado. Teñen xogadores como Bebé, que é moi perigoso, ou Quique, que é moi goleador. Tentaremos facelo o mellor posible".