RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Beatriz Cuesta Arribas e Daniel Pastoriza Iglesias dirixirán as finais do Trofeo Teresa Herrera

A colexiada adscrita ao Comité Galego Beatriz Cuesta Arribas será encargada de dirixir este sábado 13 de agosto ás 18:00 horas o X Trofeo Teresa Herrera feminino entre o Deportivo ABANCA e o FC Famalicão luso.

Estará auxiliada nas bandas por Carmen Villanueva Ansede e Irene Arcay Fernández. María Eugenia Gil Soriano será a cuarta árbitra.

Así mesmo, Daniel Pastoriza Iglesias, tamén do Comité Galego, arbitrará ás 20:30 a LXXVII edición do Trofeo Teresa Herrera masculino entre o Dépor e o FC Metalist Kharkiv ucraíno, na quinta cita da Dépor Xira Integral Motion 2022 e único partido na Coruña do verán antes de arrancar a liga en Primera Federación o 27 ou 28 de agosto.

Cristian Vázquez Martínez e Rubén Vázquez Penas serán os seus asistentes, con Pedro Oreiro Hermida como cuarto árbitro.

O Mini Teresa Herrera, en horario matinal

As finais da XXVI edición do Trofeo Mini Teresa Herrera en categoría prebenxamín e benjamín pásanse ao horario matinal o sábado 13, concretamente ás 10:30 en ABANCA-RIAZOR.

Na metade de campo correspondente á bancada de Pavillón, enfrontaranse na final benxamín o RC Deportivo e o Ural Español CF.

E na metade de campo próxima á bancada de Maratón mediranse na final prebenxamín o Ural Español CF e o CD Calasanz.