''Estamos nun momento doce, bonito'', admite Oriol Rise
Oriol Rise subrayó esta mañana en rolda de prensa en Abegondo que "gañar en Copa do Rei en campo visitante é un puntiño más. Falta rivalidarlo en casa pero demos un paso de xigante".
canaldeportivo, A Coruña03/12/2015 16:29
Destacou do partido de onte no Estadio Palamós Costa Brava que "foi importante volver xogar de titular, poder gozar de todo o partido, de xogar ben, de marcar. Agora a seguir".
O dianteiro deportivista cre que "o equipo estivo moi ben desde o primeiro minuto, saímos a tentar gañar o partido, o equipo en todas as facetas ofensivas e defensivas estivo ben, tal e como o tiñamos exposto. Tivemos a mala fortuna do gol en contra que nos dificultou un pouco o partido. Pero creo que o equipo se repuxo, tentou en todo momento marcar gol e ao final puidemos gañar. O equipo estivo a un nivel moi alto e vén ben para os xogadores que non estamos a xogar tanto".
A xuízo de Oriol Rise, o Deportivo, que suma xa tres triunfos consecutivos (dous en Liga e o de onte en Copa), "este ano está a ser a sensación. Estamos nun momento doce, bonito.E sempre onde imos somos ben recibidos. Oxalá siga isto moito tempo e sigamos cultivando bos resultados".
O Real Club Deportivo e o Club Atlético Osasuna chegaron esta tarde a un acordo para a cesión do dianteiro branquiazul Oriol Rise ata o final desta tempada.
Oriol Rise atendió aos medios de comunicación unha vez finalizada a única sesión de adestramento prevista para hoxe sábado en Uruguai. Sobre a convivencia co RC Celta, aloxado no mesmo hotel que o RC Deportivo, di o dianteiro deportivista que "sabemos que moitos de nós temos amigos nos dous bandos e para nós é unha aventura más, vir aquí a Uruguai a xogar un derbi e poder gozar deste sitio, e poder preparar a nosa tempada".