RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Festa previa ao Dépor Abanca - Oviedo na sede da pena A Costa

La Peña Deportivista La Cuesta organiza para o vindeiro domingo unha churrascada na súa sede (Vinoteca La Cuesta, Travesía Oseiro 36, Arteixo) na que convidan a participar a outras peñas e afeccionados do Deportivo na previa do Dépor Abanca - Real Oviedo Feminino.

A sesión vermú e churrascada animada por un DJ comezará ás 13:00 horas e prolongarase até as 16:30 horas, media hora antes do comezo do transcendental Dépor Abanca - Real Oviedo das 17:00 en Ponte dos Brozos, para o que xa se esgotaron todas as localidades dispoñibles.