RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Filipe á saída do Hospital: Xa queda un día menos

var ivPlayer1464509 = new IVPlayer("350", "263",false, "http://www.canaldeportivo.tv/", "/i/player/1342b.gif",IVPlayer.TYPE_JWPLAYER4, "/i/player/skin-depor.swf"); ivPlayer1464509.playVideo('player1464509', 'rp_filipe_saída_hospital_26_01_2010.

Un espontáneo e cariñosísimo aplauso dos profesionais da información e dalgún que outro afeccionado que non quixo perderse o acto recibiu a Filipe, que chegou en cadeira de rodas, acompañado polo traumatólogo que lle operou, Rafael Arriaza; os médicos do Club Carlos Lariño e Ramón Barral; ademais de Rafa Martín Aceiro, coordinador dos Servizos de Apoio e Recuperación do Real Club Deportivo.

Con pantalón curto do Deportivo e o mesmo abrigo branquiazul co que se foi co resto do equipo ao Estadio de Riazor o pasado sábado, Filipe afrontou as preguntas nervioso pero á vez exultante polas mostras de agarimo recibidas de moita xente de todo tipo e de toda España. "Xa me queda un día menos para volver", reflexionou o lateral zurdo deportivista, en todo momento moi positivo: "Son moi novo e só me perderei este catro meses que recuperarei ao final. Seguro".

"Despois do que pasou no verán con todo o tema do Barcelona, agora a verdade é que estou moi agradecido polo apoio de todo o Deportivo", indicou. "Pasou pola miña habitación todo o persoal, todos os técnicos e auxiliares. Xogamos á 'pocha'. Había momentos nos que había ata quince persoas comigo", reflexionou un atafegado Filipe.

Un xornalista preguntoulle se tiña pensado irse a Brasil: "¿Irme? É cando máis teño que traballar. Desde mañá mesmo", asegurou.

Tras outro aplauso de despedida, o coche de Dani Aranzubía agardaba na porta para trasladar ao futbolista ao seu domicilio. Iso, que queda un día menos para poder gozar de novo de Filipe nos terreos de xogo.